Partido Popular de Lugo

PP de Mondoñedo urxe ao goberno local a arranxar o alumeado público en barrios da parroquia

Mondoñedo 20 de outubro de 2014.- O PP de Mondoñedo denunciou esta mañá a pasividade do goberno local coas parroquias do rural mindoniense, que son varias as que levan máis de dous meses sen luces públicas.

Os populares urxiron ao goberno local a arranxar o alumeado público destes lugares e en especial dalgúns barrios de Santa María Maior, unha parroquia totalmente abandonada polo goberno local e proba disto vese en que durante os últimos oito anos non investiu un só euro neste lugar.

Lembrou o PP mindoniense que no pleno do pasado mes, pediron o arranxo da estrada provincial LU-P- 3103 ao seu paso pola parroquia de Santa María Maior e urxiron ao rexedor a aprobación dun acordo conxunto que se remitiu á Deputación de Lugo, como titular da calzada, solicitando actuacións na vía

Os populares piden arestora, por rexistro, a reparación das luces públicas en barrios desta parroquia rural e urxe a reparar as das demais aldeas que se atopan nesta situación.