Partido Popular de Lugo

O PPDEG LAMENTA QUE A OPOSICIÓN DEFENDA INTERESES “TOTALMENTE ALLEOS AOS DOS TRABALLADORES E DO CONXUNTO DA COMARCA DE SARRIA”E RATIFICA A LEGALIDADE DA LICENCIA DA MINA DE COSMOS EN TRIACASTELA

Santiago, 16 de setembro de 2014.- O deputado do PPdeG Angel Camino lamentou hoxe no Parlamento que “a oposición defenda outros intereses totalmente alleos aos dos traballadores e do conxunto da comarca de Sarria no asunto da licenza a Cementos Cosmos para a explotación da minaDon Isidrono concello lucense de Triacastela”.

O deputadosinalou a incoherencia de que, “por un lado, AGE reunírase cos traballadores, en decembro de 2012 para manifestarlles o seu apoio e, polo outro, este mesmo grupo recabe informacións doutros colectivos, incluso de fóra da zona, que lles facilitaron datos non veraces,  terxiversadose que non amosan a realidade, nin soportan unha análise rigorosa”.

Deste xeito o deputado popular rexeitou as críticas de AGE indicando que “a licenza outorgada polo Concello de Triacastela o pasado 1 de agosto, non só cumpriu escrupulosamente a lexislación senón que tamén constan no expedienteque a avala todos os informes preceptivos, sendo todos eles favorables”.

Ao respecto da solicitude de Cementos Cosmos para a reclasificación da autorización de explotación do grupo “A” ao grupo “C”, Camino Copa, indicou que “tal autorización foi outorgada por resolución do Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas con data 19 de xullo de 2008. Polo que o Grupo de AGE de ter dúbidas acaso, poderían aclaralas moito mellor preguntando aos seus excompañeiros que rexentaban naquela data a Consellería” indicou Angel Camino.

COVAS DE EIRÓS

Neste expediente, aclara Camino Copa, “velouse pola conservación dos elementos patrimoniais e naturais de forma compatible coa extracción mineira” de xeito que, se tiveran revisado os planos,observarían que a superficie autorizada de explotación non afecta ao Lugar de Interese Comunitario Ancares-Courel, nin ao Camiño de Santiago”.

O deputado popular  destacou que “na propia licenza se recollen a maiores, os condicionantes impostos pola Dirección de Patrimonio Cultural que establece un plan de protección e conservación e o control permanente da explotación sobre a Cova de Eirós aínda que a superficie actual que conta con licenza municipal non afecta a este ben patrimonial”

Angel Camino quixo tamén salientar que dende o PPdeG “felicitámonos, hoxe e no seu momento”,  polo apoio decidido que o  Goberno galego, e o seu Presidente, prestaron para resolver un problema de vital importancia para o conxunto da comarca de Sarria, e non só para os traballadores de Cementos Cosmos, senón tamén para transportistas, industriais e moitísimas familias.

Por iso Camino Copa lamentou que agora PSOE, BNG se sumen a AGE nunha iniciativa que suporía poñer en perigo, novamente, o futuro dos postos de traballo, cos consecuentes prexuízos para as familias afectadas e para o conxunto da comarca.