Partido Popular de Lugo

Candia tilda de “paripé” e “vergoñenta” a actuación do BNG na Deputación de Lugo e instao a sacar a careta e decir o que quere facer

Lugo 15 de setembro de 2014.- Logo de que o BNG rexeitase a decisión do seu socio de Goberno na Deputación de Lugo, votando en contra das bases para a adxudicación do Hospital San José, para fins sociales, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, tildou de “auténtico paripé” e de “vergoñenta” a actuación do BNG na Deputación de Lugo e instou aos nacionalistas a sacar a careta e decir o que realmente queren facer.

A popular calificou de alarmantes e contradictorias as actuacións do BNG, quenes, por unha banda apoian ao socialista Gómez Besteiro para ser presidente da Deputación lucense pero, sen embargo, non comparten as súas decisións.

Elena Candia ve lamentable que o BNG votase en contra das bases, sabendo que a cesión do Hospital San José se sacaría adiante e afirma que non existe vontade real pola súa parte posto que os nacionalistas teñen mecanismos suficientes para evitar este tipo de decisións.

Conclúe a popular instando aos nacionalistas a sacar a careta e decir o que realmente queren facer posto que estar no goberno e querer estar na oposición son tarefas incompatibles.