Partido Popular de Lugo

O PP pide o voto para continuar na boa dirección e non regresar á debilidade do pasado

Viveiro- 22 de maio de 2014.- A Cidade do Landro acolleu esta tarde o mitin do Partido Popular. No Teatro Pastor Díaz e ante unha gran afluencia de público, os populares chamaron a participación e insistiron na importancia de acudir ás urnas o vindeiro domingo.

No mitin interviñeron o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro e o presidente do PP local, Antonio Bouza, quenes insistiron na importancia de acudir as urnas o vindeiro domingo e votar ao Partido Popular.

Os populares fixeron un repaso por todas aquelas políticas e medidas adoptadas por Mariano Rajoy e Núñez Feijóo e afirmaron que pouco a pouco, e sen ánimo de ser triunfalistas, están dando os seus froitos.

Ámbolos catro representantes políticos criticaron que os que agora protestan e critican, en relación aos socialistas, deixaron a España ao borde da quebra e conxelaron e puxeron en risco o sistema público de pensión.

IMPORTANCIA DAS ELECCIÓNS EUROPEAS

Insistiron os populares na importancia de participar nas decisións que se adopten en Europa e afirmaron que só o PP pode facer iso; e de aí, reiteraron, a importancia destes comicios e de apoiar aos candidatos populares.

Neste senso lembraron que entre o 70 e 80% da lexislación á que estamos sometidos ven da UE e salientaron que Galicia ten destacado nestes anos por ir adaptando o seu uso dos fondos europeos cara a principios moi claros: planificación, estratexia e eficiencia.

Recordaron que Galicia conseguiu negociar unha saída suave dos fondos de cohesión e “deixou de ser rexión prioridade 1 pero non se nos cortaron os fondos abruptamente senón que se nos manteñen o 80%” e ademais manifestaron, “somos a primeira rexión á que se lle concede isto aínda superando o 90% do PIB da media da Unión”.

“Son exemplos de que a política de planificación, de seriedade e de solvencia que fai a nosa comunidade autónoma convence en Europa, pero iso si, nunha Europa que comparte estes valores e que comparte esta forma de gobernar”- aseveraron.

OBXETIVOS POPULARES

Afirmaron os populares que queren unha Europa que aposte polo que ten feito forte a Galicia nestes anos: a planificación, a priorización, a eficiencia, a seriedade, a solvencia, o rigor, o realismo e a optimización dos recursos.

“Esa é a Europa que nos vai seguir axudando a perseguir os nosos obxectivos: fomentar o emprendemento, apoiar a internacionalización, incentivar o turismo, blindar os servizos sociais e potenciar os sectores estratéxicos”- esgrimiron.

Os populares convidaron a tódolos militantes e simpatizantes do seu partido, así como a toda a cidadanía, a acudir as urnas o vindeiro domingo, día 25 de maio.