Partido Popular de Lugo

Rueda sustituirá a Feijóo e participará mañá no mitin en Viveiro

Mércores, 21 de maio de 2014.- Debido a cambios na axenda, o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, non poderá participar no mitin de Viveiro.

Será o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o encargado de visitar a cidade do Landro, mañá xoves, para ofrecer un mitin que terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

No acto intervirán tamén o voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e o presidente do PP local, Antonio Bouza.

Os populares convidan a tódolos militantes e simpatizantes do seu partido, así como a toda a cidadanía, a participar no mitin para coñecer a importancia de acudir a votar nas eleccións europeas do vindeiro domingo, día 25 de maio.