Partido Popular de Lugo

PP salienta a importancia do sector forestal na provincia de Lugo e traslada a este colectivo o seu total apoio

Vilalba 10 de maio de 2014.- Multitudinario almorzo informativo o que organizou esta mañá o PP de Lugo na capital chairega con representantes do sector forestal.

Máis de 400 asistentes, entre os que se atopaban  representantes da corta e transformación da madeira, biomasa e comunidades de montes, así coma, membros do goberno galego, o presidente e o secretario dos populares lucenses debatiron sobre a importancia do sector forestal.

O encargado de abrir o acto foi o secretario do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, quen o definíu como un espazo para explicar a acción do goberno neste ámbito e dar conta da visión “que no PP temos deste sector e a súa repercusión na UE”.

 

 

UNIÓN E COORDINACIÓN DAS CONSELLERÍAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E DO MEDIO RURAL E MAR NUN PROXECTO COMÚN

A continuación foi a quenda para os responsables da Administración Autonómica quenes resaltaron a importancia deste sector na provincia de Lugo e a coordinación entre os seus departamentos para poñer en marcha iniciativas claves neste ámbito

ROSA QUINTANA

No tocante ao orde de intervencións, primeiro, foi a de Rosa Quintana, cuxa ponencia foi moderada polo deputado nacional, Joaquín García Díez, e a continuación, a de Francisco Conde, sendo o deputado autonómico, Agustín Baamonde o encargo de dirixir o relatorio.

Pola súa banda a conselleira do Medio Rural e Mar destacou que os 70.000 postos de traballo demostran a importancia do sector forestal en Galicia e Lugo, sendo 20.000 directos e 50.000 indirectos.

Salientou a titular deste departamento que a provincia de Lugo conta coa superficie forestal máis elevada de Galicia, con máis de 656.000 hectáreas, o que supón máis do 34% do total galego.

Por último, explicou Quintana que o Goberno galego leva mobilizado investimentos no sector forestal por máis de 55 millóns de euros.

FRANCISCO CONDE

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resumiu o acto como “unha xuntanza na que puidemos avaliar cal é a situación e,  sobre todo, o futuro da industria forestal galega”.

O Titular de Economía comezou a súa intervención destacando a importancia do sector forestal en Galicia, un sector que sempre reclamou unha consideración como industria.

O Conselleiro manifestou que hai que intensificar e incrementar a presenza de industrias forestais no eido da innovación e da externalización posto que son a clave de competitividade de cara o futuro e asegurou que a industria forestal ten que seguir medrando para que continúe a ter maior presenza na economía.

Falou Francisco Conde da biomasa e informou que a Consellería que él dirixe e a do Medio Rural e Mar están a traballar intensamente en colaboración co sector forestal e moi concretamente en impulsar  a biomasa en Galicia; todo co obxectivo de aproveitar os recursos autónomos e asegurou que a provincia de Lugo está chamada a liderar o impulso da biomasa posto que temos aquí máis do 34% da masa forestal.

Chamou o popular a por en valor o monte galego, e asegurou que a xestión forestal, a identidade das oportunidades e a biomasa é o camiño para fixar emprego no rural, consolidar a industria e actuar sobre a prevención dos incendios forestais.

JOSÉ MANUEL BARREIRO

Pechou o acto o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen calificou de estratéxico este sector e pedíu aos asistentes que o 25 de maio acudan as urnas e voten ao Partido Popular.

Dixo Barreiro que “creemos nesa filosofía de partido,  de preocuparse polo que realmente interesa ao conxunto da sociedade”, e polo tanto, rebelou que tamén considera relevante o sector forestal, como garantía de futuro.

“Ademais é un sector moi directamente vinculado co que vai pasar no próximo día 25, dado que os fondos para actuar sobre este sector veñen directamente de Europa”- esgrimíu Barreiro, quen lembrou que se fixeron reflexións moi atinadas polos representantes do sector e do goberno.

O popular aproveitou o acto para pedir ao conxunto da sociedade lucense que participe nos vindeiros comicios, unhas eleccións que dixo ser vitais para o futuro das decisións que se tomen con respecto ao noso país.

“Estamos garantindo o futuro e esa participación debe ir apoiada de políticas  contrastadas e responsables que representa o PP, quen ten acreditado a súa eficiencia, precisamente no marco Europeo”- concluíu Barreiro.