Partido Popular de Lugo

O PP di que os gandeiros da comarca de Lugo e Meira ganaron 30,8 millóns máis pola venta do leite

Lugo, 9 de maio de 2014.- O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e a voceira de Medio Rural do Grupo Parlamentario Popular, Isabel García Pacín, explicaron esta mañá, en rolda de prensa, que o aumento dos prezos do leite supuxo que os gandeiros da comarca de Lugo e Meira incrementasen os seus beneficios en 30.8 millóns de euros no ano 2013.

Acompañados polo deputado nacional, Joaquín García Díez,  alcaldes e voceiros das comarcas correspondentes, os populares, regresaron ao ano 2012 e  tomaron como referencia o prezo de xullo deste ano, que foi de 28,42 céntimos de euro e a media de decembro de 2013, de 39,20 céntimos.

Barreiro e García Pacín informaron que os gandeiros da comarca de Lugo, con 1.072 explotacións, incrementaron en 23,5 millóns de euros os seus beneficios posto que pasaron de 61,9 millóns en 2012 a 85,4 en 2014 e os da comarca de Meira, con 270 explotacións, aumentaron en 7,3 millóns de euros a súa rentabilidade, ao pasar de 19.3 millóns de euros a 26,6 millóns.

 

CUOTA DE PRODUCCIÓN ASIGNADA

García Pacín explicou  a comparativa de cota de producción asignada, asegurando que na bisbarra de Lugo supón, con 217,8M de kg, o 20,29% das explotacións na provincia lucense e o 8,28% de Galicia. Fixo aquí especial mención ao concello lucense, que conta cun maior número de explotacións da comarca, concretamente con 244 e sitúase no undécimo posto de Galicia, por diante de Sarria, repartíndose que se reparten 47,8M de kg.

No tocante aos porcentaxes da comarca de Meira, a popular afirmou que con 67,9M de kg, son do 5,26% provincial e do 2,15% autonómico, e destacou o concello de Pol, que conta con 143 explotacións e cunha producción de 44,8M de kg.

EXPLOTACIÓNS

A parlamentaria manifestou que o tamaño das explotacións en Lugo supera a media galega e provincial, cunha media de 29 vacas por explotación e unha producción media asignada de 209.111 kg/explotación; aproximadamente, 30.149 vacas en produción de leite en 1.042 explotacións no ano 2012).

No tocante aos datos referentes á Bisbarra de Meira, falamos de 32,7 vacas/explotación de media, e unha produción media de 251.684 kg, cun total de 8.830 produtoras de leite en 270 explotacións.

DESAPARICIÓN DAS CUOTAS LÁCTEAS

Pacín tamén fixo unha referencia de cara ao futuro, coa mirada posta na inminente desaparición das cotas lácteas, e ante este reto quixo “animar aos profesionais produtores a reforzarse e a aproveitar mellor as ferramentas normativas a súa disposición para conseguir uns mellores prezos nas negociacións”.

A voceira popular puxo en valor a importancia que hoxe teñen a Lei de cadea alimentaria e o decreto sobre o paquete lácteo, que regula os contratos, as organizacións de produtores e as interprofesionais, como instrumentos elaborados polo Partido Popular en apoio do sector.

Para rematar García Pacín indicou que neste novo período o sector lácteo, “sairá reforzado dentro das producións axustadas, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 94 millóns de euros, un incremento do 63%”. Destes Galicia percibe anualmente un 50%.- indicou.

BARREIRO: “ESTES BOS RESULTADOS SON FROITO DAS DECISIÓNS ACERTADAS DOS GOBERNOS POPULARES”

Durante a súa intervención, o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro achacou este bos resultados as axeitadas medidas e a boa xestión levada a cabo polos gobernos populares, tanto en Madrid como en Galicia.

O popular asegurou que esa alza e estabilidade nos prezos é froito dos instrumentos normativos que o Goberno de Mariano Rajoy puxo en apoio do sector: lei de cadea alimentaria e o paquete lácteo, que regula os contratos, as organización de produtores e as interprofesionais.

Fixo especial mención Barreiro, a PAC, lembrando que no novo período, o sector lácteo sairá reforzado dentro das produción acopladas, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 93,6 millóns de euros, incrementándose así, nun 63%.

Concluíu o popular asegurando que o sector agroalimentario, malia as dificultades que atravesou os últimos anos, atópase nun momento de auxe, reforzando a súa vocacións exportadora e demostrando que ten capacidade para medrar e consolidarse coma un sector económico fundamental para o noso país.

“Para superar a negativa situación de partida que atopamos ao chegar ao Goberno, foi preciso un cambio completo de rumbo, unha defensa seria e eficaz dos nosos intereses, e un liderazgo claro nas negociacións comunitarias.