Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Non podemos volver atrás, nin tampouco confiar naqueles que puxeron ao país ao borde da quebra”

O presidente do PP na provincia de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Xose Manuel Barreiro, salientou hoxe, durante a súa intervención na clausura da convención que o Partido Popular de Lugo celebrou esta mañá, e na que participaron arredor de mil persoas, que nas próximas eleccións “non podemos volver atrás, nin tampouco confiar  naqueles que puxeron ao país ao borde da quebra”.

Barreiro dixo que estas eleccións “son fundamentais” para a nosa provincia e por iso os populares lucenses “traballaremos con intensidade, iremos a todos os concellos e explicaremos, como fixemos hoxe, cal é o papel de Europa, o papel que España quere xogar en Europa, e o que Europa debe xogar con respecto a  España”. Neste senso, o dirixente popular amosouse convencido de que “vamos a gañar estas eleccións e vamos seguir tendo a fortaleza que España necesita e merece no conxunto de Europa”.

Barreiro explicou que o día a día  de cada cidadán vese influenciado polas decisións que se toman en Europa e por iso insistiu en que é “fundamental” que apostemos por un partido que garanta “fortaleza e  capacidade de influencia nese tipo de decisións”. O presidente dos populares lucenses indicou que  “o único partido que pode garantir esa capacidade de influencia é o Partido Popular. Demostrouno día a día en Galicia e a nivel nacional e polas políticas promovidas por este partido fomos quen de recuperar a confianza en Europa”

RELATORIOS

A convención provincial desenvolveuse a través de catro relatorios nos que participaron destacados dirixentes da formación política en Galicia. A intervención inicial correspondeu ao secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, quen explicou a metodoloxía a través da que se ía desenvolver a convención e deu paso aos ponentes.

O primeiro en facelo foi o deputado autonómico e experto en asuntos europeos Daniel Varela Suanzes-Carpegna.  O popular destacou a importancia de formar parte dun grupo parlamentario forte “para multiplicar o efecto do que se pode facer en Europa”. “Os nacionalistas están moi mal vistos en Europa e para conseguir cousas hai que ser fortes”, reincidiu.

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy Fraga, centrou o seu relatorio no programa electoral  e sinalou que este “está construído en base a pequenos impulsos de solidariedade, traducidos no apoio aos sectores produtivos galegos para adaptarse ao novo entorno económico, agrícola, gandeiro, da pesca, educación e ás políticas de xeración de emprego”.

Precisamente, este último aspecto foi unha das ideas fundamentais do relatorio que correu a cargo da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen se centrou “en tres preocupacións compartidas por Europa e Galicia: o desemprego xuvenil, a inclusión social e a demografía”.  Entre os datos referenciados por Mato, destaca a iniciativa de Emprego Xuvenil posta en marcha pola U.E. con máis de 6.000 millóns de euros de orzamento para os distintos países da U.E., e que, en consonancia con Europa, está a ser complementada polo Goberno da Xunta de Galicia a través do Plan de Emprego Xuvenil que prevé, entre as outras novidades, “a atención preferente para os menores de 25 anos que nin estudan, nin traballan (NINIS)”

Por último, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, analizou a influencia que no sector primario lucense terán as recentes reformas da PAC (Política Agraria Común) e da PCP (Política Común de Pesca). Asegurou que os datos referendan os resultados económicos e normativos positivos que obtivemos na reforma da PAC. A conselleira referiuse ao mantemento no nivel de investimentos, -con 2.380 millóns de euros nos próximos sete anos-, ou a medidas tales como as axudas directas ligadas  a agricultores activos que se establecen por primeira vez na historia. Do mesmo xeito, Rosa Quintana subliñou a importancia directa das decisións que toma a UE a través da PCP que, no seu contido, incorpora importantes propostas galegas. Entre os aspectos fundamentais, Rosa Quintana referiuse ao plan de acción que para a flota de pesca artesanal, -en Galicia o 87% corresponde a este segmento-