Partido Popular de Lugo

Detectada outra factura sen pagar no Concello de Pol correspondente a unha comida da terceira idade celebrada no 2012

Pol 11 de abril de 2014.-O PP de Pol acaba de detectar unha nova factura sen pagar no Concello. Desta vez trátase dun recibo, de setembro de 2012, pertencente a unha comida da terceira idade e por un importe de máis de 8.000 euros;concretamente de 8.246 euros.

Pero o asunto non se queda aí e vai máis alá, posto que o xantar foi levado a cabo o día 21 de setembro de 2012 e non é ata o 12 de maio deste ano, 2013, cando o rexedor rexistra dita factura, é dicir, faino un ano e medio despois do festín.

A presidenta e voceira do PP no municipio mostrou a súa repulsa e afirmou que esta situación non se pode permitir, xa que estamos ante un Concello, cun endebedamento de máis dun millón de euros e no que frecuentemente aparecen novos casos de recibos sen abonar.

A popular denunciou que Lino Rodríguez se ría dos veciños de Pol xa que está a enganalos, presumindo de que os invita a un xantar, cando logo non paga esa comida.

Concluíu María Ángeles Lenza López pedindo explicacións ao rexedor e lamentou que o que representa aos veciños de Pol sexa un destacable moroso da provincia e un coleccionista de recibos sen abonar.