Partido Popular de Lugo

A celeridade e actuación inmediata da Xunta de Galicia viuse en que ao día seguinte do acontecido, os técnicos atopábanse no colexio para solventar a situación e os alumnos puideron asistir as clases o día do seu inicio

Lugo, 10 de xaneiro de 2014.- Logo das declaracións verquidas polo PSOE de A Mariña, o PP de Lugo sale a palestra para instar aos socialistas a que deixen de esixir a Xunta de Galicia o que a Administración Autonómica xa leva a cabo.

Manifiestan os populares que máis celeridade da que levou a cabo o Executivo Galego ante esta situación inesperada resulta imposible, xa que ao día seguinte  de que o temporal levase a cuberta da escola, os técnicos da Xunta de Galicia, xa se atopaban no lugar para solventar a situación.

Di o PP que o Goberno Galego colaborou e actuou no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Pedro Caselles de Xove dende o primeiro momento do incidente, visitando o centro o propio día 6 de xaneiro pola mañá e adoptando as primeiras medidas.

Con respecto a partida orzamentaria da que falan os socialistas, os populares lembran que a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria leva investido máis de 4M€ no mantemento e obra nova dos colexios da Mariña.