Partido Popular de Lugo

Dípticos informativos para explicar aos cidadáns o discriminatorio e inmoral plan de emprego de Besteiro

Lugo 20 de decembro  de 2013.- Logo de que Besteiro non rectificase e optase por no modificar as bases do plan de emprego, que deixa fóra a 9 de cada 10 lucenses e chega só a 12 dos 67 concellos da provincia, o Grupo Provincial do Partido Popular insiste en que non se rendirá e seguirá na súa liña de protesta.

Afirman os populares que non permitirán que Gómez Besteiro desprece a  máis do 94% dos parados da provincia (posto que nin tan sequera poderán participar na selección do programa) e non tolerarán que deixe fóra a 9 de cada 10 desempregados lucenses e chegue tan só a 12 dos 67 concellos da provincia.

A través dunha campaña informativa, e mediante o reparto de dípticos informativos, os populares continuarán explicando aos cidadáns o discriminatorio e inmoral plan de emprego de Besteiro.

Afirman que nalgúns concellos xa se iniciou o reparto de dípticos informativos pero noutros comezará hoxe, unha iniciativa para chegar a tódolos veciños da provincia e dar conta deste sectarismo que emprega Gómez Besteiro con tódolos cidadáns que pertencen a concellos gobernados polo PP.

Conclúen os populares lembrando que mañá sábado, terá lugar un feito histórico, xa que a partires das 11:00 horas, diante da Deputación de Lugo para esixirlle a Besteiro que corrixa o seu Plan de Emprego, que deixa fóra a 9 de cada 10 desempregados lucenses e chega só a 12 dos 67 concellos da provincia.