Partido Popular de Lugo

O PP censura que Veiga trate de tapar con “mentiras e calumnias” unha presunta malversación de fondos públicos

O Partido Popular de Lugo censura que o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga,  xunto a outros responsables nacionalistas, traten de tapar con “mentiras e calumnias” unha presunta malversación de fondos públicos.

Os populares fan estas declaracións en relación ás acusacións “rotundamente falsas” –aclaran-, vertidas polos nacionalistas sobre a contabilidade do PP e esíxenlles explicacións en relación cun grupo de contratados na Área de Goberno de Cultura da Deputación, pagados con fondos públicos, e polo tanto de todos os lucenses, e que estaban a traballar exclusivamente para o BNG.

Dende o PP consideran “deleznable” estas actuacións promovidas polos nacionalistas que “denigran a política”, ao desviar a atención sobre esta cuestión falando das contas do Partido Popular. Deste xeito os populares aclaran que a única contabilidade que existe no partido é a que se elabora a nivel nacional e que esta é transparente, pública e foi auditada polo Tribunal de Contas, todo isto, no maior exercicio de transparencia nunca antes feito por algún partido político en España.

PETICIÓN DE EXPLICACIÓNS AOS RESPONSABLES: BESTEIRO E VEIGA

En opinión dos populares os máximos responsables desta trama, que segundo sospeitan podería constituír unha presunta malversación dos fondos públicos provincias, son Antonio Veiga e José Ramón Gómez Besteiro: O primeiro porque como vicepresidente da Deputación de Lugo, urdiu un sistema para liberar a unha serie de asesores que, a soldo da Deputación, traballaban exclusivamente para tarefas orgánicas e partidistas no BNG. O segundo, porque como presidente da administración provincial permitiu que estes feitos tiveran lugar, a pesar das advertencias do PP.

Feito polo que piden explicacións e lamentan que utilicen “falsidades” para tapar un presunto desfalco en entorno a 200.000 euros que foi o custe asumido polas arcas provincias para pagar a unhas persoas que en realidade non estaban na Deputación e non realizaban as funcións para as que foron contratadas.

TEATRALIZACIÓN

Os populares preguntan a Besteiro se continuará amparando estes comportamentos irregulares dos nacionalistas e dixo ademais se dá o visto e prace aos comportamentos teatrais que o BNG está protagonizando co intento de desviar a atención sobre un feito gravísimo: que determinadas persoas cobraban dun área de goberno da Deputación e traballaban para o BNG

Por último, os populares pregúntalle a Gómez Besteiro se o modelo que el pretende promover no PSOE se parece ao que sigue o seu vicepresidente, que semella seguir a mesma liña de teatralización e crispación que a do deputado autonómico, Xosé Manuel Beiras.