Lugo, 5 de agosto de 2013.- O edil Fernado Parada Veiga será o encargado de asumir a portavocía do Grupo Municipal do Partido Popular de Pobra do Brollón logo de que David López Goyanes anunciase que deixa a portavocía por motivos persoais, por non poder compatibilizar a labor política coa laboral, pero que continúa como membro da coorporación.
O edil popular, número dous nas listas electorais das municipais de 2011, recolle esta responsabilidade tras ter o consenso de todo o grupo municipal e co obxectivo de ser, a través do seu partido, a voz dos intereses dos veciños de Pobra do Brollón.
Natural da parroquia de Saa, no Concello de Pobra do Brollón, Fernando Parada Veiga naceu o 11 de maio de 1959 e exerce de funcionario en Correos en dito Concello.
Deste xeito, o reestruturado grupo municipal popular continuará a contribuír a consolidación dun proxecto que é, por méritos propios, alternativa de goberno.