Lugo, a 19 xuño 2013.- Ante as informacións publicadas hoxe por un medio de comunicación nas que se indica que a Audiencia de Lugo remitiu unha exposición razoada ó Tribunal Supremo para que analice as acusacións realizadas polo empresario Jorge Dorribo contra o presidente do Partido Popular de Lugo e senador por esta provincia, José Manuel Barreiro quere dicir que:
É rotundamente falso o que se afirma na información publicada de que facilitou a un parente seu o plego de condicións para o aparcamento do Hospital Universitario “Lucus Augusti” antes de que éste fora sácado a concurso público.
A única información que coñece sobre este asunto é a que publica hoxe o referido medio de comunicación e que dende ninguna instancia xudicial comunicouselle procedemento algún. Así, a data de hoxe, o Xulgado número 2 da Audiencia Provincial de Lugo non lle remitiu información sobre ningún procedemento na súa contra.
Puntualizado esto, José Manuel Barreiro amosou a súa disposición, como non podería ser doutra maneira, a colaborar coa xustiza na aclaración deste asunto.
O senador popular afirmou que, de confirmarse que efectivamente Jorge Dorribo acusouno en sede xudicial, adoptará as accións legais oportunas contra el.