Partido Popular de Lugo

O PP de Ribadeo denuncia o total abandono da área recreativa e pista polideportiva de Rinlo

Ribadeo, 18 de xuño de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad denunciou, esta mañá, a situación de “total abandono” que presenta a área recreativa e pista polideportiva de Rinlo.

“Estamos a falar dun entorno natural para o uso e disfrute dos veciños pero que lamentablemente non se pode utilizar para tal fin debido a situación que presenta”- denunciou López Penabad quen criticou que a área recreativa esté repleta de maleza e sen coidar debido ao total pasotismo e falta de involucre do equipo de goberno.

O popular denunciou que lugares construídos para un determinado fin (uso e disfrute dos veciños) acaben convertíndose nun conxunto de maleza e sexan animais, como culebras ou ratos, os que fagan uso deste.

Neste senso, López Penabad afirmou, que a situación de total abandono vai máis alá, porque “xa non é soamente que a área recreativa da vergoña debido ao mal estado que presenta, senón que tamén, a pista polideportiva, atópase nunha situación, ademáis de lamentable, tamén perigosa”- afirmou.

O presidente dos populares en Ribadeo criticou que o equipo de goberno presuma e alardee de Rinlo cando logo vemos situacións como esta e insta ao señor Fernando Suárez e Horacio Cupeiro, como máximos responsables desta situación, a que tomen cartas no asunto e arranxen de inmediato este entorno natural e a conseguinte pista polideportiva.