Partido Popular de Lugo

Antonio Fernández foi elixido presidente do PP de Navia de Suarna

Os afiliados do PP de Navia de Suarna, nomearon esta tarde- noite a Antonio Fernández Fernández, presidente da agrupación do PP neste concello da montaña lucense.

Esta decisión adoptouse nun congreso local no que estiveron presentes o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP provincial, José Manuel Balseiro, así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

Fai un ano Antonio Fernández fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.

A lista liderada por Antonio Fernández consta dos seguintes integrantes: Manuel Vázquez Crespo (foi o cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais), Jesús María Fernández López (foi o cabeza de lista no ano 2007 e é o voceiro) Silvia López Fernández, Fidel Arias Fernández, Vicente Flores González (foi rexedor e presidente do partido local durante varios anos), Manuel Álvarez Viguin, Faustino Pérez Gómez, Camilo Gómez Moreira, Manuel López Fernández e Lorena Álvarez Mallo.

Coa de hoxe, é a quinta cita destas características celebrada a nivel local dende o conclave provincial do PP.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DO RECÉN PRESIDENTE DO PP LOCAL DE NAVIA DE SUARNA, ANTONIO FERNÁNDEZ

Natural de Navia de Suarna, Antonio Fernández naceu o 29 de abril de 1975. Está casado e ten un fillo. É Funcionario e Autónomo. Rexenta as empresas: Código Red e Ancaria.

Está afiliado ao Partido Popular dende o ano 1997