Partido Popular de Lugo

O BNG prepara o relevo do seu concelleiro no Valadouro

O BNG prepara o relevo do seu concelleiro no Valadouro segundo asegura o Partido Popular da Mariña logo de coñecerse parte do documento asinado polos partidos que apoian a moción de censura neste concello. Hoxe un medio de comunicación fai público parte do contido deste pacto, asinado ante notario, onde se inclúe expresamente unha cláusula pola que a indemnización de 100.000 euros que se comprometeron a pagar PSOE e UDIVAL en caso de romper o acordo de gobernabilidade, “non se aplicará ao representante nacionalista Eduardo Chao González, ou á persoa do BNG que no seu caso o substitúa”.

Precisamente esta apreciación sirve de base aos populares da comarca para asegurar que ese relevo está decidido e que respondería a diverxencias dentro da formación nacionalista local. Para os populares non é ilóxico que os termos nos que se propón o polémico pacto leven a moitas persoas a dubidar do seu contido e dos verdadeiros obxectivos que hai tras del e asegura que os veciños están escandalizados ante a mercantilización do que debera ser un acordo político e non económico.

 

DEBEN FACELO PÚBLICO NA SÚA INTEGRIDADE

Desde o Partido Popular insisten en que os asinantes deben facer público a totalidade do contido do documento notarial, e lamentan que O Valadouro se teñan convertido en noticia a nivel nacional incluso polo escandaloso dun pacto de intereses, que non se basea en cuestións políticas senón económicas e que, insisten desde o PP, “pon prezo á alcaldía do Valadouro”