Partido Popular de Lugo

Teixido: “prepotentes declaracións, formas antidemocráticas e cidadáns manipulados non impedirán que as demandas da maioría dos guitiricenses se fagan realidade”

Guitiriz, 22 de maio de 2013. O rexedor de Guitiriz, Xosé María Teixido, respondeu hoxe as declaracións verquidas polo voceiro socialista na Deputación de Lugo, Manuel Martínez.

“Somos coñecedores das manifestacións cargadas de cinismo, falsidade e prepotencia do señor Martínez. Dende logo que a nosoutros iso non nos preocupa en absoluto. O que nos importa son os veciños e por eles estamos a traballar”- manifestou Teixido, quen afirmou que o equipo de goberno guitiricense está  a facer o que o pobo necesita, o que a maioría dos veciños desexan e non atender a unha minoría de persoas, manipuladas por dous partidos da oposición, que, por chamar a atención e levar a contraria, piden a berros, o que outros lles mandan.

“Intentamos facer posible o que os veciños de Guitiriz precisan, satisfacer as súas necesidades e levar a cabo o que nos demandan e o que nos están demandando é a apertura da Rúa do Mercado ao tráfico para que deixe de ser peonil”- afirmou Teixido, quen engadeu que o feito de que exista un número reducido de persoas, manipuladas por dous partidos da oposición, protesten, non impedirán que fagamos o que a maioría nos pide”.

O popular calificou de inxurias as declaracións do Deputado Delegado de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, Manuel Martínez; lamentou que oculte, intencionadamente, información relevante aos cidadáns para desvirtuar a  realidade dos feitos, algo que “non vai conseguir posto que o Concello actúa de boa fe e ten debidamente documentadas tódalas súas actuacións”- aseverou.

Afirmou Teixido que as obras que se están a desenvolver na Rúa do Mercado para abrila ao tráfico cumpren coa legalidade vixente e execútanse no exercicio lexítimo de competencias municipais urbanística se en materia de tráfico e circulación de vehículos, atribuídas por Lei aos Concellos.

“As construccións ilegais son as que desenvolveu o Ente Provincial nas rúas do Mercado e Deputación, que non contan coa preceptiva licenza municipal de obran in coa preceptiva autorización do Concello para peonalizar a Rúa Mercado”-manifestou Teixido, quen engadeu que ademáis invadiron as competencia se servizos básicos municipais e causaron numerosos estrago se prexuízos ao Concello; algo que xa está denunciado nas instancias oportunas.

Asegurou o popular que a execución de ditas obras, por parte da Deputación, sen licenza nin proxecto técnico aprobados polo Concello, afectaron ao funcionamento de servizos municipais básicos, tales coma o alumeado público municipal de diversas rúas que deixou de funcionar e tivo que  establecerse primeiro cun xerador e despois con construccións de reforma de dito alumeado municipal. Engadeu Teixido que tamén afectou á regulación do tráfico na rúa do Mercado, causando molestias aos conductores e obrigándolles a dar rodeos innecesarios ou a circular por camiños privados de terra para atallar o percorrido xa que non existe outra rúa paralela no mesmo sentido.

O rexedor asegurou que o Concello, en exercicio das súas competencias urbanísticas, tratou de legalizar ditas obras, incoando no mes de outubro de 2012 un expediente de reposición da legalidade urbanística para que a Deputación presentase un proxecto de legalización de todo o desenvolvido sen licenza e restablecese a rúa do Mercado ao seu estado anterior abríndoa ao tráfico de vehículos pero, nembargantes, “a Deputación non presentou dito proxecto de legalización nin a despeatonalizou, malia aos múltiples requerimentos do Concello, interferindo na competencia municipal de regulación do tráfico no casco urbán”- manifestou Teixido.

O rexedor informou de que o expediente de reposición de legalidade rematou neste pasado mes de abril, declarando ilegalidade das obras desenvolvidas polo Organismo Provincial nestas dúas Rúas (Mercado e Diputación) e ante o incumprimento do Ente, ante as ordes do Concello para restablecer a legalidade infrinxida, “ estamos, en execución subsidiaria, desenvolvendo as obras para abrir ao tráfico de vehículos a rúa Mercado, tal e como estaba anteriormente da actuación ilegal da Deputación, polo que non é necesaria a autorización do Ente Provincial como titular da vía, posto que o Concello actúa na posición de esta ante as súas reiteradas negativas a desenvolver as construccións por si mesma”- afirmou Teixido, quen concluíu que, “esixiremos á Deputación de Lugo, o pago do custe de ditas obras desenvolvidas en execución subsidiaria.

ESCRACHE

José María Teixido condenou, rotundamente, o acoso desenvolvido, na noite de onte, no seu domicilio de máis dunha ducia de persoas, “todas elas vinculadas con outras forzas políticas”, e advertíu que este comportamento é ilexítimo, inxusto e inútil posto que nunca cedeu a ningún tipo de presión.

Calificou o acto de inaceptable na democracia e aseverou que o acoso, coacción, persecución e insulto aos representantes elexidos nas furnas para intentar torcer a súa voluntade non é aceptable en democracia.

Teixido afirmou que todo o mundo está no seu dereito a manifestarse pero o que non se pode consentir é que a súa propia familia e veciños que están dentro dos seus domicilios teñan que escoitar berros dunha minoría de persoas que o que pretenden é levar a contraria.