Lugo, 23 de maio de 2013.- O Partido Popular na provincia de Lugo reforza a súa estrutura comarcal a través da figura dos novos coordinadores territoriais. Precisamente esta tarde, o presidente provincial, Jose Manuel Barreiro -acompañado do secretario xeral, Jose Manuel Balseiro- presidiu a primeira xuntanza deste órgano, que reúne a todos os coordinadores territoriais lucenses e que naceu tralo último Congreso provincial, baixo o convencemento de que é importante tecer unha rede de partido “pegada ao territorio, sólida a nivel municipal e comarcal”. Outro dos obxectivos perseguidos por esta nova estrutura é contribuír a facer unha dirección provincial máis participativa, que mellorará o proceso de toma de decisións e a estratexia a seguir.
Barreiro quere que o Partido Popular de Lugo “estea presente na rúa, que o cidadán poida sentilo próximo, que sexa sensible ás súas demandas e que sexa visto como referente político e institucional”. Pero tamén é consciente que, para acadar esa proximidade é preciso estar máis presentes en todo o territorio e reforzar as estruturas locais e comarcais do partido para, entre outros obxectivos, os novos compoñentes poidan desenvolver unha tarefa explicativa e pedagóxica: dar conta da acción das distintas administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, nun tempo non exento de dificultades, pero con decisións orientadas á recuperación económica e do emprego”.
Os novos coordinadores territoriais son:
·A Mariña: José María González Barcia
·Fonsagrada: Antonio Fernández Fernández
·Chantada: Ramiro Moure Ansoar
·Lugo: Antonio Muiña Pena
·Lemos: José Luis Álvarez Blanco
·Terra Chá: Gerardo Criado Guizán
·Montaña: Jesús Manuel Núñez Díaz
·Meira: Ramiro Pérez Freijo
·Ulloa: Javier Varela Pérez
·Sarria: José Antonio García López
O reforzo da estrutura comarcal, co nomeamento e posta en marcha dos novos coordinadores territoriais, ten lugar ao mesmo tempo no que se están a celebrar distintos congresos a nivel municipal. Jose Manuel Barreiro dixo que neste ano o PP lucense terá renovadas gran parte das súas xuntas locais e funcionarán a pleno rendemento os coordinadores das distintas comarcas, o que permitirá a remodelación de toda a estrutura territorial do PP na provincia.