Partido Popular de Lugo

José Ulla Rocha será elixido presidente do PP de Begonte o día 1 de xuño

Lugo, 20 de maio de 2013.- A casa da cultura de Begonte acollerá o sábado día 1 de xuño, ás 12: 00 horas, un Congreso local no que o actual rexedor, José Ulla, será elixido presidente dos populares neste Concello.

Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, José Ulla foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense polo que será o elixido a presidir o partido neste municipio chairego.

O Congreso local do PP de Begonte é a oitava cita a nivel local que conmemorará o Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como presidente lucense.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA JOSÉ ULLA ROCHA

Natural de Begonte, José Ulla Rocha, naceu o 12 de xuño de 1970. Está casado e ten un fillo. Veterinario de profesión, ten dedicación parcial que compaxina coa tarefa de alcalde.

Como experiencia política destacan os oito anos como tenente de alcalde no goberno de Pena Rábade, catro anos como voceiro na oposición en dito concello e, dende fai dous anos, e ata a actualidade, é rexedor do concello begontino.