Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR GARANTE O MANTEMENTO DOS 20 POSTOS DE TRABALLO QUE INTEGRIA TEN NO TALLER DE RENFE EN MONFORTE DE LEMOS

Santiago, 21 de marzo de 2013.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia está a traballar para manter o taller que na actualidade ten en Monforte a Dirección de Recursos Humanos de INTEGRIA e garantiu que “nunca se producirá ningún despedimento dos 20 postos de traballo” que existen na actualidade.

Gómez Alonso criticou que “foi o anterior Goberno do Partido Socialista quen condenou a Monforte para que non houbese liña ferroviaria de altas prestacións” e recordou que no ano 2010 o ministro José Blanco “deixou de considerar prioritaria esta liña, do mesmo xeito que fixo co trazado do Cantábrico”.

“Agora, con novo Goberno do Partido Popular, t recuperar o tempo perdido”, manifestou o portavoz popular, quen lamentou que os socialistas rexeitaran a emenda que pedía á Dirección Xeral de Recursos Humanos de INTEGRIA que teña en conta, á hora de abordar calquera reorganización, a condición de Monforte como nó loxístico de referencia no transporte ferroviario e a previsión da posta en marcha do Porto Seco por parte da Xunta de Galicia nesta localidade.