Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde pregúntase pola razón que motiva ao rexedor local a anular o proceso selectivo da praza de subalterno un ano despois da súa convocatoria

Castroverde, 26 de outubro de 2012.-  A portavoz do Partido Popular en Castroverde,  María Gómez Pallín, amosa o seu desconcerto tras ser coñecedora de que o rexedor local, o socialista Xosé María Arias, decide anular o proceso selectivo dunha praza de subalterno un ano despois de que fose convocada e tras ser culminado o proceso a finais de 2011.

A portavoz local recorda que a oposición para acceder a vacante no concello conlevou a presentación de recursos por parte dos aspirantes que denunciaron presuntas irregularidades no proceso. Porén o rexedor local decide agora suprimir o proceso, desoíndo daquela a petición plenaria trasladada polo PP na que solicitaba a súa anulación, dadas as queixas dos opositores e o feito de que unha das opositoras era concelleira socialista e obtivera unha puntuación de dez na primeira proba.

Segundo a popular o socialista negouse a suspender daquela o proceso amparándose na argumentación de que a concelleira non foi a persoa finalmente seleccionada para cubrir a praza vacante, senón un opositor externo ao Concello, cuxo nome se fixo público en xaneiro.

A portavoz popular denuncia esta situación a que tacha de incongruente ao considerar que o proceso se debería anular cando se produciron as queixas por parte dos opositores e non agora cando hai unha persoa seleccionada que obtivo a praza polos seus propios méritos, capacidade e esforzo persoal, ao que o rexedor local lle está a causar un serio prexuízo.

Ante esta situación a portavoz popular pregúntalle ao rexedor local se houbese actuado da mesma forma no caso de que houbese sido a concelleira a persoa que finalmente obtivera a praza e máis cando existe un informe da Deputación que  considera que se debe manter o proceso e cubrir polo tanto á vacante, a persoa de mellor puntuación.

En relación a isto, María Gómez Pallín explica que o rexedor local en xullo solicitou un informe ao Servizo de Cooperación e Asistencia Xurídica aos concellos da Deputación en relación cos recursos presentados polos opositores. Dito informe reflexa que pese as irregularidades no proceso, considérase que quedaron á marxe dos opositores e polo tanto a persoa con máxima nota debería tomar posesión.

A popular explica que o socialista desoe o informe da Deputación e encarga un informe a un avogado privado, anulando finalmente o proceso baseándose nos recursos presentados polos opositores.

Dada esta situación, María Gómez Pallín pregúntalle ao rexedor cal é a súa pretensión con esta decisión e se a intencionalidade é buscarlle unha nova oportunidade á concelleira, que non logrou obter á praza.