Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Tras o 20-N hai que fixar un novo modelo de administración que elimine duplicidades, clarifique competencias e garanta a financiación das institucións”

Guitiriz, a 24 de setembro de 2011.- “Na vindeira lexislatura temos que ser capaces de articular un modelo de administración que resulte máis eficaz e máis austera. Ese debe ser un dos cometidos principais que debemos fixarnos”. Así o asegurou o presidente provincial dos populares ante os alcaldes e concelleiros da comarca da Terra Chá, que xunto cos de Abadín e A Pastoriza, participaron hoxe en Guitiriz nunha reunión preparatoria da vindeira cita electoral do 20-N.

Un novo modelo que, segundo explicou José Manuel Barreiro, ten que eliminar duplicidades, clarificar competencias e, sobre todo, garantir a financiación das institucións, e que éstas acaden unha maior eficacia e eficiencia no empleo deses recursos, eliminando gastos superfluos e buscando fórmulas de aforro.

Este é, ó entender do líder dos populares lucenses, “un obxectivo imprescindible” porque, segundo recalcou, co modelo de xestión aplicado polos socialistas chegouse a unha situación insostible (cinco millóns de parados, déficit e débeda disparados, desconfianza internacionall…), “que definiu moi ben Rajoy como herdanza envenenada”, coa que terá que lidiar o novo goberno que decidan as urnas.

Explicou Barreiro que a situación coa que se atopara o novo goberno do Estado “será a mesma” que se atopou o Partido Popular cando chegou á Xunta, “un burato de máis de millóns de euros”, dixo, e que agora tamén está “aparecendo noutras comunidades autónomas como Castela-A Mancha, Aragón ou Extremadura. “A mesma que vos atopastes os novos alcaldes tras o 22-M: facturas no caixón, orzamentos inflados e ingresos irreais”, apuntillou.

Aplicar teitos de gasto e topes de endebedamento en todos os estratos da administración “para evitar gastar máis do que se ten” é, en opinión de presidente provincial dos populares lucenses, “un bo xeito de evitar que volten a aplicarse políticas e a cometerse erros que hipotequen o futuro dos concellos, das comunidades autónomas e do país no seu conxunto”.

Facer unha planificación racional da política económica con previsións realistas de ingresos (“a ministra Salgado xa recoñece que a previsión de cremento que deu para este ano non se vai cumprir”), o desenvolvemento dun novo modelo de financiación local que garanta a suficiencia financieira das administracións locais e traballar na coordinación de servizos entre administracións que aforren gastos son algunhas das “recentas que propoñemos dende o Partido Popular para remontar esta situación”, explicou Barreiro.

“Hai que partir de que se fixeron moitas cousas mal, de que será moi difícil reencauzarnos na boa dirección, pero tamén temos que ter igual de claro, que co esforzo de todos, seremos capaces de conseguilo e que o Partido Popular será capaz de liderar esa recuperación”. “Este”, dixo, “é a mensaxe de esperanza que temos que ser capaces de transmitir durante a vindeira campaña”, apuntillou.