Partido Popular de Lugo

O GPPP apremia á Deputación a axudar ós concellos e a desbrozar as estradas provinciais

Lugo, a 25 de setembro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levarán o pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción pola que insta a administración provincial a adoptar medidas tendentes a favorecer a actuación conxunta dos concellos e respaldar as iniciativas que xurdan no ámbito provincial co obxectivo de mancomunar servizos municipais e aforrar custes.

As administracións locais, entende os populares, cumplen funcións esenciais na prestación de servizos ós cidadáns, pero a crise económica pola que estamos atravesando e os erros de planificación da política económica do Goberno afectan de forma especialmente grave á situación financieira dos concellos, que ven reducidos os ingresos dos que dispoñen para facer fronte á prestación de servizos básicos. É imprescindible, recalcan, tomar medidas para garantir a suficiencia financieira das administracións locais e artellar mecanismos de colaboración que promovan servizos conxuntos para facer máis eficiente e productivo o gasto municipal. É necesario, segundo recalcan, adoptar medidas semellantes ás que implementará a Xunta de Galicia para facilitar o acceso ás subvencións a aqueles concellos que traballen conxuntanmente na coordinación de servizos.

Os populares tamén requerirán á Deputación que acomenta de forma inmediata a realización dos traballos de desbroce das vías provinciais naqueles concellos que non asinaron convenio e onde a estas alturas non se levou a cabo esta tarefa.