Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Só dende a colaboración institucional lograremos superar o compricado momento económico no que nos atopamos”

Portomarín, a 23 de setembro de 2011.- “Só dende a colaboración institucional, aunando esforzos e medios, lograremos superar o compricado momento económico no que nos atopamos”, asegurou hoxe o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular. José Manuel Barreiro fixo esta afirmación en Portomarín tras, xunto coa voceira adxunta dos populares Elena Candia, manter unha reunión de traballo co rexidor local Juan Serrano, quen lle transmitiu o seu malestar pola falta de “comunicación e colaboración” que por parte da Deputación recibe este concello. 

Para Barreiro, en momentos difíciles como os actuais as administracións no seu conxunto e específicamente a Deputación teñen a obrigación de optimizar o uso dos seus recursos e priorizar os gastos. “E para facelo”, recalcou, “é imprescindible que os responsables institucionais manteñan unha relación fluida para consensuar en qué aspectos ou en que iniciativas poden sumar esforzos para que así os resultados redunden en beneficios dos ciudadáns”. “Dar as costas a un concello en función do color político que o representa non é o mellor exemplo nin a práctica axeitada dadas as circunstancias”, apuntillou.

Serrano explicou que o presidente provincial José Ramón Gómez Besteiro “nin me recibe nin responde ós requerimentos de información que se tramitan dende o Concello”. Así, segundo indicou, hai obras que está a executar a Deputación das na que no Concello non consta ningún proxecto nin ningunha petición de autorización para a súa execución. 

“Solicitamos por escrito o proxecto das obras acometidas no campo de fútbol e nas que teóricamente se investiron 60.000 euros sen que ata o momento dispoñamos desa documentación”, explicou Serrano a modo de exemplo. “Tamén pedimos explicacións sobre o futuro polideportivo, un proxecto ambicioso que está en fase de adxudicación e que ten informe negativo de urbanismo emitido xa pola anterior corporación, pero tampouco obtivemos ningunha resposta, nin sequera á petición que lle fixen o presidente Besteiro para ter unha reunión encamiñada a buscar unha alternativa á actual ubicación, dado que se atopa moi lonxe do pobo, e incluso para ampliar a su concepción e convertirlo nun edificio polifuncional”, engadiu.

José Manuel Barreiro insistiu pola súa banda en que só dende a colaboración institucional poderemos sobrelevar os recortes orzamentarios ós que obriga a crise económica e lembroulle a Gómez Besteiro que “ser presidente da Deputación significa representar a todos os concellos da provincia e que todos os concellos da provincia, goberne quen os goberne, deben ser tratados por igual. Non é de recibo que se negue a recibir a un alcalde porque eso equivale a despreciar a todos os veciños ós que representa”.

Barreiro tamén “convidou” á Gómez Besteiro a “reflexionar” sobre os investimentos que realiza a administración provincial e incidiu en que “sempre deben priorizarse os gastos productivos, pero en intres como os actuais, máis que nunca”.