Partido Popular de Lugo

Barreiro avogou na cidade do Cabe porque o domingo “votedes con responsabilidade e pensando no futuro de Monforte e de España”

 

Monforte, a 18 de maio de 2011.- “Ou reedición do bipartito ou Partido Popular”. Esas son, ó entender dos presidente dos populares lucenses, as opcións que se presentan en Monforte de cara á cita electoral do vindeiro domingo.

“E xa sabedes o que opinamos nos dos gobernos bipartitos: son caros e ineficientes; e xa sabedes ben o que vos agarda se volven a repetir matrimonio, porque se agora as tres adicacións exclusivas que hai no goberno municipal supoñen 115.000 euros ó ano, preto de medio millón de euros en toda a lexislatura, e eso sen contar os 120.000 euros que se embolsou a teniente de alcalde como vicepresidenta terceira da Deputación sen prodigarse moito por Lugo, podedes calcular a onde se irá a cousa cando os socialistas se volvan subir ó carro”, explicou.
  
Durante o mitin celebrado hoxe en Monforte, no que ademais da candidata Julia Rodríguez, tamén interviu Agustín Hernández, José Manuel Barreiro indicou que hai “evidencias” que poñen a cada quen no seu sitio. 

Así, segundo explicou, as obras do corredor Sarria-Monforte avanzan, mentres que a autovía Lugo-Ourense está paralizada e as de Ponferrada-Monforte e Monforte-Chantada non existen. Tapouco se sabe nada de cómo quedará o AVE en Monforte. “En conclusión, e para non recordarvos a triste andaina dos socialistas ó fronte do goberno do Estado, que estou seguro todos tedes moi presente”, engadiu, “o PSOE paraliza e retrasa; o PP prioriza e actúa”.  No que atinxe a estes catro anos de maioría absoluta do BNG, Barreiro preguntouse qué aportaron os nacionalistas para mellorar o benestar dos monfortinos máis aló da colocación de bolardos por todas as rúas e prazas da cidade e do estreitamento das rúas para ensanchar as aceras que, aínda por riba, tras a instalación do mobiliario urbano, quedaron  máis reducidas do que estaban antes. 

Monforte, sedundo dixo, non pode ser unha illa no conxunto de Galicia, España e mesmo Europa. “Os países europeos que están dando mostras de que están saindo da crise son de centro-dereita. En Galicia goberna o PP e pronto o fará tamén en España, non creo que resulte convinte para o futuro deste concello manter no goberno municipal un partido que non ten ningunha capacidade de decisión nin de influencia”.

“Ese é”, no seu parecer, “o punto de partida sobre o que todos os monfortinos debedes reflexionar antes de decidir o voso voto o vindeiro domingo”.  

Porque, segundo recalcou, exemplos que amosan ás claras quen fai e quen non hai moitos: o porto seco, o hospital e mesmo a futura instalación da empresa Pacadar “da que algúns deberían explicar por que fallou á intentona de hai catro anos. Dígovolo eu: porque a Xunta bipartita non puxo os cartos que si vai aportar agora a Xunta de Feijoo”.

 

Para Barreiro, a única aposta segura para garantir o futuro de Monforte é o Partido Popular, representado por Julia Rodríguez e o seu equipo. “Avogo porque o domingo votedes con responsabilidade e pensando no futuro non só de Monforte, tamén de España. No Partido Popular estamos convencidos de que a rexeneración política e económica que require este país podese principiar a facer realidade dende os concellos. E nesa cruzada é indispensable o voso respaldo maioritario”.