Partido Popular de Lugo

Balseiro: “o PP de As Nogais xa fixou as súas prioridades, o que, de por si, xa garante o acerto da súa acción de goberno”

 

As Nogais, 15 de abril de 2011.- O secretario xeral do PPdeLugo José Manuel Balseiro respaldou hoxe en As Nogais a presentación da candidatura coa que, liderada por Jesús Núñez Díaz, concurrirán ás vindeiras eleccións municipais os populares.

Balseiro salientou que Jesús Núñez ten “moi claro” cal vai ser a acción de goberno que quere levar a cabo con seu equipo en As Nogais. “Ten perfectamente definidas as súas prioridades e as aspectos nos que hai que incidir e eso é xa unha garantía de que na súa acción de goberno vai a imperar o sentido común e o rigor”, explicou.

Na opinión do secretario xeral dos populares lucenses saber qué se quere facer é fundamental para “chegar a bo porto”. “Jesús Núñez quere, por riba de todo, ofrecer ós seus veciños a oportunidade de ter futuro no seu pobo e eso pasa por contar cun polígono industrial no que poidan instalarse empresas que xeneren postos de traballo, por eso quere un polígono e por eso quere que aquí se poña en marcha unha planta de biomasa”, apuntillou.

“Estamos fartos de Zapatero e os seus ministros, das improvisacións que caracterizan ós socialistas, dos seus cambios de criterio, dos seus bandazos en materia económica que sempre acaban por empeorar máis a xa de por si difícil situación na que nos atopamos. Precisamos que cada un dos concellos desta provincia estén liderados por persoas responsables e con criterio e, non hai dúbida de que en As Nogais a persoa axeitada para elo é Suso”, engadiu. 

Candidatura

1.- Jesús Manuel Núñez Díaz
2.- Lidia Pérez Castro
3.- Fernando Rodríguez González
4.- Juan Álvarez González
5.- Marcos Busto Rodríguez
6.- Balbino Ramón García Aira
7.- Jaime Gallardo López
8.- José Doval Lage
9.- María Isabel Méndez Fernández
Suplentes
Constantino Bendoiro Legaspi
Demetrio Ruiz Mourín
Arsenio Carballo López