Partido Popular de Lugo

Os candidatos de Riotorto e A Pontenova reunironse con Agustín Hernández

Riotorto/A Pontenova, a 16 de abril de 2011.- Os candidatos do PP dos Concellos de Riotorto e A Pontenova acudiron a Santiago de Compostela onte para manter unha entrevista con Agustín Hernandez, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para xestionar o acondicionamento da estrada LU-124 nos treitos Riotorto-A Pontenova, Cruz da Cancela-Lindín (enlace coa A8) e tamén para conseguir facer diversas obras de saneamento en varios núcleos de poboación.

O proxecto da estrada Riotorto-A Pontenova xa está feito dende o ano 2004 e o seu  presuposto ascende a 4 millóns de euros. Tratase de acondicionar unha lonxitude de 6,6 km que é unha vía de comunicación moi importante entre os dous concellos.

O tramo da LU-124 entre Cruz da Cancela e Lindín que será o principal acceso dos dous concellos a Autovía do Cantábrico (A 8) ten unha lonxitude de 7,9 km.

Os dous candidatos do PP as correspondentes alcaldías manifestaron a súa satisfación coa reunión mantida co conselleiro xa que a Xunta de Galicia, en palabras de Agustín Hernandez, comprometese a consignar nos presupostos da Xunta dos próximos anos a execución  do treito Riotorto-A Pontenova.

O tramo Cruz da Cancela-Lindín está en fase de redacción do proxecto e temos a confianza que nos vindeiros 4 anos se poida acondicionar según as manifestacións da consellería.

Nesta reunión tamén se lle manifestou o conselleiro a demanda de facer o sanemaneto en diversos pobos dos dous concellos de forma progresiva e por fases para conseguir evitar as desigualdades entre o medio rural e o casco urbano respecto de servizos básicos.

Os dous candidatos van levar no programa electoral as vindeiras eleccións como pilares prioritarios a mellora das infraestructuras viarias (estes dous tramos da LU-124 e outras) e tamén o sanemento no medio rural.

A Xunta de Galicia apoia estas iniciativas plantexadas polos candidatos do PP. A reunión foi moi satisfactoria e pensan  que a unidade entre os dous concellos reportará beneficios para os veciños.