Partido Popular de Lugo

O bo facer de Tomás Rodríguez en Xermade é, segundo Barreiro, o mellor aval que se pode ter de cara ó 22 de maio

 

Xermade, a 14 de abril de 2011.- “Fostes testigos do bo facer do Partido Popular en Xermade baixo a dirección de Tomás Rodríguez. Por elo, estou convencido de que volverédelo a respaldar a el e o seu equipo o veindeiro 22 de maio”, asegurou José Manuel Barreiro, presidente provincial dos populares, durante a presentación da lista electoral desenvolvida a última hora da tarde de hoxe na que, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, participou Javier Guerra.

Un bo facer que Barreiro fixo extensivo á Xunta porque foi o goberno de Alberto Núñez Feijoo o que se amosou sensible coa necesidade de mellorar a estrada Cabreiros-Momán, posto que está iniciado o proceso de expropiación dos terreos afectados.

O líder dos populares lucenses recalcou que o Partido Popular constitúe, “neste contexto de grave crise económica da que non son alleos os veciños de Xermade”, a opción máis fiable é útil para o interese xeral da provincia de Lugo. As consecuencias da mala xestión económica levada a cabo polo Goberno de Zapatero, “convertido por decisión dos propios socialistas en presidente interino”, son, segundo dixo, “evidentes”; e na súa opinión tampouco resultou “exemplificante” a acción desenvolvida por socialistas e nacionalistas na Deputación. “Foi só unha coalición de intereses caracterizada polo reparto de competencias e por unha desproporcionada inversión en si mesmo que lle costou ós lucenses a friolera de preto de 22 millóns de euros nestes catro anos”, apuntillou.   

Candidatura

1.- Tomás Rodríguez Arias
2.- Constantino Fernández Teijido
3.- Antonio Riveira Requeijo
4.- Josefa Felpeto Cal
5.- Mario Félix García Prieto
6.- Antonio Piñeiro Roca
7.- José Luis Otero Paz
8.- Francisco López Pena
9.- María Pilar Castro Baamonde
10.- Luis Pena Carballo
11.- Manuel Prieto Bello
Suplentes
Efrén Pardo Castro
Laureano de Bernardo Paz
Nuria Bellas Pena
José Gato Galego
Andrés Ares Ameijide
Alberto Pena Criado
Antonio Currás Paz
Arturo López Jarel
Manuel Paz Villares