Partido Popular de Lugo

A Deputación debe 25.000 euros en cotas á Seguridade Social

Lugo, a 8 de marzo de 2011.- A Inspección de Traballo da Seguridade Social deulle a razón a un grupo de traballadores de Suplusa que denunciaron á Deputación por incumplir as súas obrigacións laborais, dado que lles estaba a abonar un salario inferior ó que lle correspondía en función da súa categoría profesional, e da que se fixo eco a medidados do pasado mes de xaneiro o Grupo provincial do Partido Popular. 

A resolución da Dirección provincial da Tesorería da Seguridade Social de Lugo dictaminou, nunha sentencia firme con data de 15 de febreiro, que Suplusa debe pagar 25.536,23 euros en conceptos de cotas á Seguridade social non aboadas. 

Os traballadores afectados teñen contrato de xardineiros pero estaban a ser retribuidos como auxiliares de xardinería, o que lles representaba unha perda de 649’95 euros ó ano e que conlevaba ademais unha diferencia nas súas bases de cotización á Seguridade Social de 54’16 euros menos. 

A Inspección de Traballo recibiu a correspondente denuncia a finais de xuño do pasado ano, requerindo á empresa para que presentase a documentación correspondente. Suplusa fixo entrega da mesma o 13 de xullo, comprobándose que efectivamente as bases de cotización declaradas pola empresa eran inferiores ós salarios establecidos na norma convencional para os traballadores con categoría de xardineiros. No mes de setembro, a Inspección de Traballo continuou coas actuacións pertinentes, pero a día de hoxe os traballadores afectados aínda non lles foi regularizado o seu salario. Haberá que agardar ata finais de xullo para coñecer a resolución dos tribunais a este respecto.  

Para os populares o incumprimento por parte da Deputación das súas obrigacións para cos seus traballadores e coa propia Seguridade Social é motivo de censura posto que denota o pouco interese que amosa pola situación laboral do seu propio personal. Constitúe ademais un pésimo exemplo e máis nun contexto de crise de alta taxa de desemprego como o actual.