Partido Popular de Lugo

Ana Cabana asume a dirección de Novas Xeracións en Cospeito

Cospeito, 11 marzo de 2011.- A renovación da executiva local de Novas Xeracións de Cospeito tivo lugar onte nun acto ao que asistiron o presidente provincial da agrupación político xuvenil, Daniel Vega e o seu secretario xeral, José Antonio González Vázquez; así como outros membros da xunta provincial e local.


Ana Cabana asumiu a dirección da nova xunta local na que estará acompañada, entre outros, do vicepresidente, Adrián Rodríguez; o secretario, Nestor López e os vogais, Marcos González e Oscar Castosa. Durante o seu discurso, a nova presidenta reencidiu no traballo que realizou o presidente saínte, Fernando Carreiras, xunto cos anterior membros da xunta, aos que lle agradeceu “a súa preocupación pola agrupación política e polos máis novos do concello”.  Ana Cabana tamén tivo palabras de gratitude para o alcalde local, Armando Castosa, pola súa disposición de apoio con Novas Xeracións e pola actividade levada a cabo na área xuvenil.

Pola súa banda, Daniel Vega agradeceu tanto a implicación da anterior xestora local, como o compromiso e afán de traballo que “hoxe puxo de manifesto a nova xunta de Novas Xeracións”, ao tempo que os animou a “ a traballar polos máis novos do concello da man do alcalde, Armando Castosa” e lles brindou “todo o apoio dende a agrupación provincial”.