Partido Popular de Lugo

Barreiro: “a seriedade, a coherencia e a responsabilidade avalan a José Antonio García como o mellor alcalde para Sarria”

 

Sarria, a 13 de xaneiro de 2011.- O presidente dos populares lucenses fixo hoxe público durante un encontro desenvolvido en Sarria a proposta da dirección provincial para que José Antonio García volva a encabezar a candidatura dos populares neste municipio o vindeiro mes de maio.

José Manuel Barreiro dixo no encontro, no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, entre outros cargos orgánicos do partido, que García xa deu boas mostras do seu “bo facer” como alcalde e amosouse convencido de que os sarrianos depositarán “masivamente” a súa confianza en el “como xa fixeron, de feito, en 2007”. “Non hai que olvidar que xa daquela o PP gañou as eleccións, dado que obtivo 8 concelleiros”, puntualizou.

“A seriedade, a coherencia e a resposabilidade”, segundo dixo, “son algunhas das cualidades que posúe, e que resultan básicas para que a cidadanía se implique e comparta un proxecto político, o do Partido Popular, que el representa porque, á vista dos pésimos resultados da súa xestión, a proposta que representa Claudio Garrido, está esgotada”.

O líder dos populares lucenses asegurou que a coalición de goberno sarriana, liderada polo PSOE, non aportou nada a este municipio, ó tempo que salientou que, “paradóxicamente, gobernan os que perdedor”. Neste senso, lembrou que nos comicios de 2007 o PP quedouse a 100 votos da maioría absoluta.

Barreiro, ademais de chamar a atención sobre o feito de que “este goberno municipal que lidera o Sr. Garrido é o máis caro da historia de Sarria”, reprochoulle que “se adicara únicamente a provocar enfrentamentos; nunca a solucionar os problemas existentes nin a mellorar a calidade de vida do conxunto dos veciños”. “As coalicións de goberno, xa sexa a que tedes eiquí ou a que hai en Lugo na Deputación, están máis preocupadas por manterse no sillón que polos cidadáns ós que teñen a obriga de servir. A partir do 22 de maio eso será distinto: o goberno de José Antonio, seguindo o exemplo do de Feijoo, terá como única prioridade ós veciños de Sarria”, apuntillou.

 

 

 

 

 

 

Barreiro tamén salientou que a Xunta de Galicia está “a cumplir escrupulosamente” todos os compromisos adquiridos con Sarria. Neste contexto puxo como exemplo “inequívoco”, o corredor Nadela-Sarria-Monforte. Segundo lembrou, o tramo Sarria-Monforte ten este ano consignados 23 millóns e, “a maiores”, está adxudicado, “como así e constata no DOGA do pasado día 4”, o proxecto para proceder ó desdobramento do tramo Nadela-Sarria. “Pero a Xunta, con Feijoo á cabeza, vai máis aló e ten previsto adicar 34,8 millóns de euros máis, mediante a financiación público-privada, para que as obras de desdobramento do tramo actualmente en servizo, o de Nadela-Sarria, poidan iniciarse xa este mesmo ano”, engadiu.

“O PP cumpre o que promete; outros nembargantes adhíbanse a prometer unha e outra vez a mesmas cousa, pero pasan os anos e do dito non hai nada feito. Esa é nosa carta de presentación, a mellor que se pode ter”, concluiu.

José Antonio García López

Ten 39 anos e está solteiro. É avogado.

Nas municipais de 2007 xa encabezou a lista do Partido Popular. E voceiro do grupo municipal popular e dende 2009 é tamén deputado autonómico. Preside o comité local do PP dende 2008.