Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Edrosa e Valiño non son as persoas máis axeitadas para saír en defensa de Gómez Besteiro”

Lugo, a 12 de xaneiro de 2011.- “Todos os alcaldes do Partido Popular coinciden totalmente coa defensa que está a facer o presidente provincial, José Manuel Barreiro, da auntonomía municipal e en contra do uso partidista que os responsables da Deputación de Lugo están a facer da institución”. Así o indiciou hoxe o secretario xeral do Partido Popular de Lugo José Manuel Balseiro, quen, deste xeito, refrendaba o “respaldo incondicional” dos rexidores populares “e de todo o partido” ó seu presidente provincial.

O Partido Popular mantén, por tanto, as críticas ó Lugo Emprega, pola “inxerencia” que na autonomía dos concellos” conleva a posta en marcha da iniciativa, dado que a Deputación “tutelará” o proceso de selección dos traballadores adscritos a este plan de emprego, auspiciandose nunha diferenciación, que segundo recalcou Balseiro, é discriminatoria entre os municipios de máis de 5.000 habitantes e os de menos. “Unha autonomía na que parece que non creen os responsables da Deputación, posto que fan diferenciación entre as capacidades que teñen uns concellos e outros”, apuntillou. 

Recalcou o secretario xeral dos populares lucenses que este plan de emprego é “electoralista” e advirte, ademais, que non vai servir, “nin foi esa a intención coa que foi concibido”, para dar solución ó grave problema que representa o paro. “O seu obxectivo é sacar rendabilidade política de cara as vindeiras eleccións municipios e non promover a creación de emprego estable e de calidade, que é, ó fin, o que sempre, e nestes momentos máis aínda, o que se necesita”, engadiu Balseiro.

“Criticamos o plan, en definitiva, por ser oportunista e porque, si os responsables da Deputación tivera verdadeiro interese e actuar en este asunto, tiveron tempo e medios para poder facelo. Pese a todo elo, está claro que non é momento de despreciar calquer oportunidade, por malintencionada que ésta sexa, para aliviar, aínda que sexa temporalmente, a desgraciada situación na que se atopan as persoas que non teñen traballo e, en consonancia con esta situación, actuaron os alcaldes”.

DEFENSORES POUCO “AXEITADOS”.- José Manuel Balseiro considerou ademais que nin Luis Rodríguez Edrosa nin Juan José Díaz Valiño “son as personas máis axeitadas para pedir a dimisión de ninguén”.

A este respecto, o secretario xeral dos populares salientou que o secretario de Organización do PSOE está a cobrar da Deputación ó redor de 50.000 euros, por un cargo, ademais, o de director de Inludes, crearon “a medida” para el e coa agravante de que incumple os estatutos do organismo. O caso de Díaz Valiño, secretario de política municipal na executiva provincial socialista, é aínda más chocante, na opinión de Balseiro. “Cómo”, preguntouse Balseiro, un alcalde e deputado provincial, que cobra pola súa condición de deputado delegado 52.000 euros, e que está imputado por prevaricación e tráfico de influencias, xunto coa súa compañeira Lara Méndez, tamén vicepresidenta da Deputación de Lugo, pode atreverse a pedir a dimisión de niguén”. “O primeiro que tería que dimir é el”, apuntillou.

Para Balseiro, que tanto Edrosa como Valiño teñan que sair en defensa de Gómez Besteiro “pon de manifesto a penosa situación na que se atopa o PSOE na provincia de Lugo”.

“Que se poñan a falar de apoios cando o Sr. Gómez Besteiro non foi capaz de sacar adiante unha moción para loar ó seu mentor político, o ministro de Fomento José Blanco, ou mesmo cando o respaldo do seu líder autonómico, Manuel Vázquez, acaba de ser cuestionado polo seu propio grupo parlamentario, resulta moi pintoresco”, concluiu.