Lugo, a 23 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denuncia o continuo uso partidista que o bipartito provincial está a facer da Deputación.
Os populares salientan que a maiores do reparto sectario que se está a facer dos fondos dos que dispón a administración provincial, nos que sempre se prima o investimento en municipios gobernados por socialistas e/ou nacionalistas, estase a utilizar tamén o organismo provincial con fins electorais nos actos protocolarios, menospreciando incluso o obrigado respeto institucional que debería primar nas relacións entre as distintas administracións.
Os populares poñen como exemplos máis recentes desta constaten actitude o feito de que a pretensión da Deputación de construir unha residencia da terceira idade en O Saviñao, aprobada o pasado luns polo consello de administración de Suplusa, fora anunciado días antes polo grupo municipal socialista neste concello de sur lucense. Fan mención incluso á que na visita realizada hoxe ó pazo provincial por un grupo de veciños de Guntín, enmarcada dentro do Km0, foi o voceiro socialista neste municipio o que se encargou de darlles a benvida, situación que dende o GPPP, tras preguntarse en calidade de qué os recibe este representante do PSOE na Deputación, non dubidan en calificar de irregular.
Dende o GPPP recalcan que este proceder non é excepcional senón a norma que impera en todas cantas actuacións se levan a cabo dende a administración provincial, sexan de índole que sexan, e no que se constata que prima, sobre todas as cousas, un reiterado emprego da institución cun interese claramente partidista e electoral.
Os populares, ademais de lamentar este proceder dado que pon en evidencia a aplicación dos principios democráticos que deben rexir o funcionamento da institución, lembran que a Deputación, na súa vocación de concello de concellos enarbolada ademais polo propio presidente José Ramón Gómez Besteiro durante o seu discurso de investidura, debe defender e preservar o interese xeral de todos os veciños da provincia e non só o de uns poucos e en función da ideoloxía política que profesen.
A impresión que sacan os populares de esta situación é que Gómez Besteiro está a empregar a institución e os recursos dos que ésta dispón como se fosen propios e en función do seu beneficio persoal, esquecendo que o seu deber e velar polo interese xeral.