Santiago, 22 de decembro de 2010.- O deputado do Grupo Parlamentairo Popular Jose Manuel Balsiero Orol rexistrou unha iniciativa de control na Cámara autonómica para clarexar se o concello de Ribas de Sil adebeda ainda hoxe a obra de ampliación da súa Casa Consistorial a pesar de ter recibido unha subvención da Xunta para financiar esta actuación.
OBRA QUE DATA DESDE 2008.- O obxectivo principal da pregunta parlamentaria é clarexar as circunstancias nas que o Concello de Ribas de Sil xustificou a axuda pública recibida pois, segundo as informacións que manexa o Grupo Parlamentario o Executivo municipal que preside o socialista Miguel Angel Sotuela ainda podería non ter pagado á empresa adxudicataria os 50.000 euros aos que ascendía o custe da obra que se executou durante o 2008. Pola contra a Dirección Xeral de Administración Pública, dependente da Consellería de Presidencia, xa concedeu e xa transferiu os 40.000 euros que lle correspondían para financiar esta actuación e pese a iso os abonos do Concello á empresa poderían estar pendentes.
GRAVE PREXUIZO A TRABALLADORES E EMPRESA.- Os anos de atraso no abono do custe das obras non só provocarían un grave prexuízo a empresa adxudicataria e aos traballadores que formaban parte do cadro de persoal encargado de executar as obras, senón que ademais podería constituír unha evidente irregularidade, por canto este Concello ten recibido uns fondos públicos procedentes da administración autonómica, destinados a un fin (o financiamento destas obras) que podería non terse cumprido como corresponde. Os populares preguntan expresamente se o Concello de Ribas de Sil comunicaron á Xunta algún tipo de incidencia ou anomalía no desenvolvemento das obras que impediran o abono das mesmas.
ANTECEDENTES.- Cómpre remontarse ata o seis de agosto de 2008, nesa data, o Concello lucense de Ribas de Sil asinou un contrato administrativo para desenvolver as obras de construción do edificio para ampliación da súa Casa Consistorial. A adxudicación da devandita actuación tivo lugar con data 14 de agosto desde mesmo ano, atendendo ao proxecto de execución de obra redactado por un arquitecto técnico con rexistro municipal de entrada número 1287, do 14 de agosto. As obras a executar dispoñían dun orzamento de 49.999,99 euros e dispoñían dun prazo de execución dun ano, que podía prorrogarse polo seu carácter de contrato menor segundo o establecido na lexislación vixente.