Partido Popular de Lugo

Ovidio Rodeiro explicaralles aos mozos lucenses as máis de 240 medidas do Plan de Xuventude 2010-2013

Lugo, 20 de novembro de 2010.-  O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, desplazarase ata Lugo para explicarlles aos mozos da provincia o Plan de ‘Xuventude 2013: Unha estratexia para a mocidade galega’, que destinará máis de 900 millóns de euros a atender ás necesidades e demandas das persoas mozas.  O plan  acolle máis de 240 medidas que xiran en torno a nove eixos transversais (educación, emprego, creatividade e espíritu empresarial, vivenda, saúde e deporte, información e formación, participación e asociacionismo, voluntariado e mobilidade), dos que se beneficiarán máis de 534.000 mozos galegos.

En concreto, este plan integral e intersectorial busca crear oportunidades de educación e emprego á mocidade; potenciar a solidariedade mútua entre a sociedade no seu conxunto e a mocidade como parte dela e mellorar o acceso das persoas mozas á sociedade; e fomentar a súa participación nas decisións que lles inflúen. Para acadalo, o Plan Xuventude 2013 réxese en torno aos principios de información, integración e participación da mocidade; promoción efectiva dos dereitos de liberdade, igualdade e demais dereitos sociais; discriminación positiva; coordinación e colaboración; visión estratéxica, operatividade e eficacia.

Entre as medidas que inclúe o plan cabe destacar a posta en marcha do Plan de Emprego Xuvenil, dotado cun orzamento de 500 millóns de euros e deseñado para facilitar o acceso ao mercardo laboral da mocidade galega a través da mellora das súas capacitacións profesionais, á vez que proporcionar os medios necesarios para facer compatible o desenvolvemento profesional coas esixencias da vida personal e familiar.

Na área de emprego a Xunta tamén pon en marcha programas para favorecer o emprendemento, entre eles destacan os plans FP Plus, –destinado aos estudantes de FP–; o Xes Innova –fondo de capital de risco con 2 millóns de euros para o apoio de proxectos empresarias no sector das novas tecnoloxías da información e da comunicación–; e o Plan Re-Emprende, cun fondo que se incrementou nun 25% ata os tres millóns de euros, co obxecto de que non quede sen poñer en marcha ningunha iniciativa por falta de financiamento.

OUTRAS MEDIDAS PRIORITARIAS.- No eido educativo, a Consellería correspondente puxo en marcha durante este curso académico o Proxecto Abalar, que permitirá que máis de 87.000 alumnos ao longa da lexislatura poidan acceder a ordenadores ultraportátiles en máis de 1.000 centros educativos. Así mesmo, tamén destaca o Plan Galego de Potenciación das Linguas Extranxeiras cun investimento de 51,1 millóns de euros dos que se verán beneficiados máis de 40.000 alumnos. 

No que se refire á vivenda, o Goberno autonómico pon en marcha o Plan Aluga, a través do cal os mozos galegos poderán acceder a unha axuda mensual que financie ata o 70% do custo do aluguer.  De igual maneira, a Xunta tamén reduciu os impostos que xestiona a Administración autonómica para a adquisición dunha vivenda.

Pola súa banda, nos eixos específicos de Xuventude e Voluntariado destaca entre as medidas prioritarias a primeira Lei da Autonomía de Galicia que regulará os dereitos e garanta o acceso aos servizos públicos da mocidade e cuxo borrador será presentado antes de rematar o primeiro trimestre de 2011. Neste ámbito, a Xunta tamén puxo en marcha este ano ‘Iniciativa Xove’, un modelo de participación xuvenil para o traslado do deseño dos programas dirixidos á mocidade. O seu orzamento incrementouse durante este ano nun 68%, o que supón que o aumento das iniciativas xuvenís será de máis do 200%.

De igual maneira, máis de 187 mozos galegos poderán realizar prácticas profesionais en empresas e organizacións de Italia, Francia, Irlanda e Holanda a través do ‘Programa Moga de Mobilidade para o Desenvolvemento Profesional’; mentres que o programa ‘A Xuventude no Mundo’ permitirá o intercambio con xóvenes doutros sete países europeos. Así mesmo,  nos meses de primavera, 2.000 mozos puideron disfrutar do ‘Programa de Turismo Xuvenil Xuventur’. A Xunta tamén ampliará todos os servizos destinados á mocidade que actualmente prestan instalacións dependentes da Administración autonómica.

No eido do voluntariado, a través da Lei de Acción Voluntaria, cuxa tramitación iniciarase no último trimestre de ano, poderanse obter certificacións oficiais da participación nas actividades que desenvolvan os mozos. Ademais, publicaranse  os proxectos de voluntario nunha base accedible a todos os mozos que desenxen colaborar nestas actividades. De igual maneira, porase en marcha o ‘Programa Xuventude Emprende’ para a promoción económica a través da creación de empresas.

Por último, ‘Xuventude Crea’  –concurso que premia ás mellores obras da mocidade– amplíase co Circuito da Creatividade para a promoción e o fomento de máis de 300 accións de difusión xuvenil. Dende a Xunta tamén se ofrecerán axudas aos carné de conducir para favorecer a autonomía xuvenil, e tamén se ampliará a oferta dos antiguos Centro Quérote nun programa multidisciplinar que amplía as súas competencias en áreas de interese para a xuventude como a prevención de drogodependencias, o acoso, a discriminación ou a educación afectivo sexual.

PRÓXIMOS PROXECTOS.- Ademais da próxima visita do director xeral de Xuventude, –con data por concretar–., durante o comité executivo de Novas Xeracións, celebrado onte, presentaronse novos proxectos para os vindeiros meses. Así, o próximo xoves 26 celebrarase en Lugo a campaña de afiliación ‘Seguimos Xerando Ilusións’, mentres que o día 27 terá lugar en Foz, coa asistencia do presidenta da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Mentres, o 4 de decembro organizarase en Sarria a mesa redonda ‘Un antes e un despois do rural galego’, na que participarán gandeiros e demais traballadores do rural e na que se analizará a situación pola que está a pasar o sector agrogandeiro.  Pola súa banda, o día 11 debatirase en Burela sobre  sobre o sector estratéxico pesqueiro.