Santiago, 19 de novembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou no día de hoxe unha iniciativa parlamentaria destinada a reclamar do Goberno do Estado a reforma do Código Penal para que o furtivismo reincidente poida ser cualificado como delito.O parlamentario explicou que a experiencia práctica demostra que a inmensa maioría dos que practican o furtivismo de xeito recorrente, “o fan amparados por subterfuxios e trucos legais que os levan a declararse insolventes ou a adoptar outro tipo de encubrimentos e, polo tanto, a evadir o efecto das sancións administrativas que poidan aplicárselles como consecuencia da súa acción furtiva, fundamentalmente a non facer fronte ao pago das multas”. O devandito feito, da lugar a que cada vez sexan máis as voces desde o sector nas que se insista na busca doutro tipo de fórmulas para atallar esta problemática e evitar que a acción reincidente dos ilegais remate na práctica, en moitos casos, “en total impunidade”.
Balseiro Orol sinalou que o “furtivismo é unha ameaza polos seus efectos sobre o recurso e sobre os ciclos económicos derivados da súa explotación, e que esta lacra debe desaparecer”. Para lograr este obxectivo hai afondar en medidas que cobren maior eficacia, como é a proposta que hoxe presentan. “Coa a lei na man –explicou Balseiro Orol- existen mecanismos dabondo para das resposta aos que, por unha razón ou por outra, esquilman o futuro do mar de Galicia e atentan contra a calidade de vida dos profesionais do mar que traballan dunha forma honrada e civilizada, respectando as normas e colaborando por dar viabilidade á actividade”.
No Grupo Parlamentario Popular están convencidos que, ante a insuficiencia das medidas administrativas” son precisos cambios lexislativos co gallo de converter a reincidencia en algo máis ca unha falta, xa que quen practica a pesca ou o marisqueo furtivo está a roubar o futuro aos milleiros de profesionais honrados” O furtivismo ten traspasado ademais as súas propias barreiras “constituíndo un problema de seguridade, pois os ataques aos bens dos responsables de organizacións e confrarías son feitos inaceptables que lastran a propia capacidade de xestión e ordenación dos recursos, motivo polo cal nos urxe máis esta actuación decidida que hoxe vimos a propoñer.
OBXECTIVO PREFERENTE DA CONSELLERÍA DO MAR.- Balseiro Orol tamén apuntou que un dos obxectivos preferentes da Consellería do Mar, tras o acceso ao Goberno de Galicia do Partido Popular, está a ser a loita contra o furtivismo. Nesa liña cómpre salientar as medidas dirixidas a recuperar a colaboración entre o Servizo de Gardacostas de Galicia e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como o reforzo dos medios materiais e humanos que participan nestas tarefas, ou a posta en marcha dos distintos plans especiais de loita contra a acción dos ilegais que esquilman a riqueza produtiva pesqueira e marisqueira de Galicia.
O voceiro do Mar concluíu que a premisa fundamental é avanzar na idea que xa adiantou a titular de asuntos marítimos da Xunta, Rosa Quintanta, “adoptar todas as fórmulas que teñamos ao noso alcance para que o un por cen dos furtivos non deixe sen futuro ao 99% dos mariñeiros e mariscadoras honestos e concienciados”.