Partido Popular de Lugo

O PP asegura que os socialistas compran a gobernabilidade do concello de Pol a conta dos fondos da Deputación

Pol, a 27 de outubro de 2010.- O Partido Popular denunciou hoxe en Pol que a Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), dependente da Deputación, mercou a principios deste ano unha finca (con escritura otorgada o 26 de marzo de 2010, sendo ratificada o 15 de abril do presente ano, e por importe de 90.0000 euros) á empresa Suministros Freire, cuxo administrador está vinculado sentimentalmente cunha concelleira do BNG, que está a respaldar ó equipo de goberno do concello de Pol.

O voceiro adxundo do GPPP, José María González Barcia, quen compareceu en rolda de prensa en Pol xunto co voceiro local José Luis Fugarolas Villamarín e outros membros do PP local, afirmou que “é evidente que Suplusa compra a finca indicada cun único obxectivo, que non é outro que asentar ós socialistas no goberno local facendo un uso claramente partidista dos recursos da Deputación”.

“O PSOE, a través da Deputación e o seu presidente José Ramón Gómez Besteiro, está a comprar vontades políticas, pero a conta dos cartos de todos os lucenses, para asegurarse de que vai a seguir contando co respaldo da concelleira nacionalista en Pol”, apuntillou. 

Os populares salientaron que a finca, en función da actual normativa urbanística do concello, ten unha parte calificada como rústica e outra como urbana e que, segundo o avance do plano xeral de ordenación municipal que se está a elaborar, quedará fóra da delimitación do núcleo urbano. Explicaron tamén que a adquisición desta finca, na que previsiblemente se vai a construir un tanatorio, non está xustificada posto que o concello xa dispoñía dun solar para ubicar nel este servizo. Os datos poñen de manifesto, ó entender dos populares, que está operación non se fixo en aras de beneficiar ós veciños de Pol polo que pedirán a Suplusa toda a documentación referida a esta operación.

CORTE DE VOZ NA SECCIÓN SONS