Partido Popular de Lugo

Barreiro califica de hipócrita a actitude de Blanco por criticar os orzamentos da Xunta e negarse a explicar os do Estado

Lugo, a 27 de outubro de 2010.- “É un acto de hipocresía que o ministro de Fomento veña a Lugo a criticar os orzamentos da Xunta, nos que se inclúen as partidas precisas para garantir a construcción das grandes infraestructuras prometidas e ningunha delas “reprogramada”, pero non sexa capaz de explicar a razón pola que a nosa provincia é a máis discriminada de Galicia nos orzamentos do Estado ó reducir á metade o investimento previsto para o 2011 co respecto ó presente ano e, como consecuencia delo, todas as obras dependentes do seu ministerio vaian a sufrir novos retrasos”. Deste xeito contestou ó presidente provincial do PPdeLugo as críticas “infundadas” efectuadas onte polo ministro José Blanco. 

José Manuel Barreiro instou “unha vez máis” a Blanco a manter un debate para que, na súa condición de deputado nacional, explique as contas do Estado. Indicou asimesmo que o PP de Lugo “tampouco ten ningún reparo en debatir sobre os orzamentos da Xunta”.

O líder dos populares lucenses recalcou que a Xunta de Galicia “respalda con feitos, pese a crise económica e a drástica reducción da aportación estatal” a súa aposta pola construcción, en prazo, de infraestructuras viarias básicas para facer realidade a vertebración territorial da provincia de Lugo. Un proceder radicalmente distinto ó do Goberno de Zapatero, “e nomeadamente do ministro Blanco”, que se “adica a reprogramar o reprogramado”.

Barreiro animou a Blanco a que “deixe de prometer o que leva anos incumprindo e pase á política dos feitos e a concretar, vía Boletín Oficial do Estado, o que realmente vai facer en Lugo, se é que ten previsto facer algo”.

O presidente dos populares lucenses convidouno a principiar por explicar “antes de nada” os motivos polos que todas as obras dependentes do seu ministerio serán obxecto de novos retrasos.

Así, lembrou que A-56 Lugo-Ourense, na que en principio José Blanco dixo que só ía rescindir dous tramos, concretamente San Martiño-Barrela N e San Martiño enlace Barrela Norte, agora resulte que se rescindiu na súa totalidade. 

A A-8, autovía do Cantábrico, que en teoría era unha das indultadas polo Sr. Blanco, e que debería estar operativa en 2011, non se saberá cando estará rematada. A maior parte do orzamento, as partidas máis abultadas, para os tramos Modoñedo-Lindín e Lindín-Careira proxéctanse para o 2014. É significativo que o orzamento previsto inicialmente para ambos tramos para o 2011 se rebaixe en 64 millóns de euros. 

A A-54, Lugo-Santiago, que debería finalizarse en 2012, retrasase ata o 2015.

Á estación intermodal adícanselle 200.000 euros o vindeiro ano e non hai nada proxectado para os seguintes.

O desdobramento da ronda norte “esfumouse” das previsión gubernamentais. 

Para o corredor da costa adicanse 134.100 euros no 2011 que é unha partida ridícula para unha obra de tanta envergadura. Na que, por certo, o tramo que corresponde á Xunta está en obras. A Xunta adicalle máis de 10 millóns de euros nos orzamentos do vindeiro ano.

A A-72 Monforte de Lemos-Chantada, que tería que estar xa operativa, ten un orzamento de 134.000 euros e “nada” a partir de aí. Parecido caso é o da A-76 Ponferrada-Monforte con 115.000 euros para 2011.

Para o AVE non hai nada. Nos orzamentos segue a falarse de estudos, agás os cinco millóns que se inclúen para continuar o único tramo de obra inciado xa no 2006, a variante de Pobra de San Xulián, que tería que estar rematado en abril deste ano.

“Con esta carta de presentación como pode o Sr. Blanco ter a osadía de presentarse en Lugo e criticar os orzamentos da Xunta?”, preguntouse Barreiro.