Partido Popular de Lugo

Balseiro insta a Varela e a Besteiro a dar a cara e asumir as súas responsabilidades políticas

Lugo, a 7 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Lugo reprocha ós máximos responsables do Partido Socialista en Lugo que, pese a sentencia condeatoria dictada pola Audiencia provincial de Lugo contra o edil de Lourenzá Jorge Garcia por falsedade documental nun documento oficial, non den as pertinentes explicacións políticas.

O secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro dixo botar en falla que os líderes provincial e local do Partido Socialista, Ricardo Varela e José Ramón Gómez Besteiro respectivamente, den a cara e asuman as súas responsabilidades políticas. Balseiro pregúntase que máis ten que acontecer, despois de que os tribunais xa se pronunciaran sobre o caso do edil de Lourenzá, para que Varela e Gómez Besteiro reaccionen, exerzan a súa responsabilidade e expliquen á cidadanía os números embrollos xudiciais nos que se atopan varios cargos públicos e membros do seu partido.

Balseiro, en resposta ó secretario de organización socialista Luis Edrosa, tamén puntualiza que na provincia de Lugo o Partido Popular non ten ningún dos seus representantes imputados e moito menos condeados. “Hai unha sentencia condeatoria a un edil de Lourenzá, que ademais queda inhabilitado para cargo público, e está imputado o deputado provincial e alcalde de Castro de Rei Juan José Valiño e a vicepresidenta segunda Lara Méndez”, lembrou.