Lugo, a 28 de setembro de 2009.- “O Partido Socialista está moi nervioso porque principia a ser conscente de que a súa política de despilfarro e de mala xestión ó fronte da Deputación de Lugo vaille pasar factura nas vindeiras eleccións municipais ó igual que lle aconteceu na Xunta de Galicia”. Así contestou o voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia as manifestacións feitas por Antonio Gato nas que vaticinaba que nesa vindeira cita electoral os resultados non serían favorables ó Partido Popular.
“É posible que o Sr. Gato, quen leva toda a vida vivindo da política, teña medo, despois de tantos anos, a perder o seu sillón porque, ó contrario do que di, os alcaldes socialistas non deben de estalo facendo demasiado ben cando nas últimas eleccións non contaron co respaldo dos electores. O propio Antonio Gato atópase nesta situación, así que, cando menos esa extraodinaria xestión da que el tanto presume, non pode aplicarse o seu concello”, engadiu Barcia.
O voceiro adxunto dos populares recomendolle de feito “que repase os datos das autonómicas e das europeas e constate que efectivamente nin os lucenses nin os galegos son parvos, que cando ven que un Goberno non funciona, cambiano e punto”. Tamén o convidou a deixar de botar tanto a vista hacia atrás porque esa actitude parece denotar que “está algo obsesionado e non cabe dúbida ademais de que na comparación o actual bipartito sae moi mal parado”.
Na opinión de Barcia os lucenses o que “levan moi mal” é que “o goberno provincial teña dúas cabezas, despilfarre os cartos de todos en cousas superfluas e desatenda os sectores socioeconómicos porque eso, en calquer momento pero máis en época de crise, é unha total falla de respeto á cidadanía”.