Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa a Gómez Besteiro de enganar ós vecinos da Montaña

Lugo, a 23 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular acusou hoxe ó PSOE e a Goméz Besteiro de enganar ós cidadáns da Montaña facendo visitas turísticas e anuncios máis propios dunha campaña electoral ca dun presidente serio e responsable que se precie.

O portavoz adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, considera que Besteiro actúa “cunha boa dose de cinismo; vir agora instando á Xunta a que aumente a dotación de recursos para loitar contra os incendios significa que Besteiro ou non ten memoria ou engana ós cidadáns, porque el mesmo, na campaña electoral das eleccións xerais de 2008, nun mitin en A Fonsagrada, anunciou, sen que nadie llo pedirá, que a Deputación faría un parque de bombeiros na Montaña”. “Máis aínda”, engadiu Barcia, “posteriormente dixo que a Deputación colaboraría cos concellos. E agora resulta que lle pide medios á Xunta para poñelos a disposición dos concellos”.

Barcia considera que Besteiro ou non foi serio cando fixo o anuncio, ou non é serio agora, ou as dúas cousas ó mesmo tempo, “pola que me inclino”, asegurou, “porque nun prazo de ano e medio non se pode decir unha cousa e a contraria”.

González Barcia percibe unha “preocupación obsesiva de Besteiro por viaxar pola provincia, polo que polo despacho vai moi pouco. O xusto para asinar as resolución que ten que asinar, e paramos de contar. Semella estar en campaña electoral permanente”. “Esa obsesión está en relación coa “política de autobombo e autopropaganda, pagada cos cartos de todos: non hai día en que non faiga unha excursión, eso sí, co séquito da Fundación TIC e demais, que pagamos todos os cidadáns lucenses”, engadiu.  

Segundo o voceiro adxunto dos populares, “non é descabellado pensar que esta campaña egocéntrica garde relación coas declaracións de José Blanco nunha entrevista recente, de que vé a Besteiro máis alá da provincia. Agora pódense entender tales declaracións. Non sexa que cos cartos de todos os cidadáns desta provincia esteamos preparándolle o “camiño de Santiago”, non vaia ser que Besteiro sexa o tapado socialista para as eleccións galegas de 2013. Desde logo, viaxar, viaxa, aínda que a rendibilidade para a provincia sexa escasa”.

González Barcia tamén valorou a resposta de Besteiro de que a quen lle pique que se rasque, pronunciada nun medio informativo a raíz das críticas realizadas polo PP polos viaxes en helicóptero. Considera que “é unha falla de respecto ós cidadáns e familias desta provincia que se atopan en paro, ou que chegan con serias dificultades a finais de mes,  e que ven como a Deputación derrocha en xoguetes voladores e en mariscadas con lubrigante, percebes e almexas pero non pón nin un só euro para axudar a esas familias ou persoas que o están a pasar mal”.

Barcia pídelle a Gómez Besteiro que pida públicamente disculpas, “non ó PP, senón ós miles de familias e parados desta provincia que o Presidente da Deputación vé lonxe, dende o aire”.