Lugo, a 24 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno do vindeiro martes unha monción na que solicita que a Deputación inste ó Goberno de España a que aplique 3.000 millóns de euros do anunciado Fondo Estatal de Investimento Local para gastos ordinarios das corporacións locais que permitan o abono das débedas pendientes dos concellos e a prestacións dos servicios públicos ós cidadáns.
Na proposta tamén se pide que se dé traslado deste acordo ó Presidente do Goberno, Vicepresidenta Segunda e Vicepresidente Terceiro do Goberno, así como ós voceiros parlamentarios do PP, PSOE e BNG no Congreso e no Senado.
Os populares lembran que a Constitución Española consagra o principio de suficiencia das facendas locais, dado que a administración local é a máis próxima ós cidadáns e, polo tanto, a primeira á que se lle solicita que se presten servicios públicos ós cidadáns, ademais de ser o principal elemento vertebrador para a aplicación de políticas de carácter estatal e/ou autonómico.
O Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, afirman dende o GPPP, coa colaboración de outros grupos políticos, vén de incumplir reiteradamente os seus compromisos de garantir a autonomía financieira dos concellos, xa que se opuxo a que o novo sistema de financiación das administracións locais se aprobase conxuntamente co autonómico.
Salientan dende o GPPP, que a actual situación de crise económica, xunto con esa negativa de resolver a cuestión da financiación das administracións locais, está colocando en serios apuros a moitos concellos, polo que se fai preciso unha urgente actuación neste eido.