Partido Popular de Lugo

A PARALIZACIÓN NA TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES É UNHA PRÁCTICA HABITUAL NA DEPUTACIÓN, SEGUNDO ASEGURA O GPPP

Lugo, a 16 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular alerta das consecuencias negativas que o habitual e reiterado retraso que están a ter as tramitacións de expedientes por parte da Deputación provocará nos cidadáns desta provincia.

O voceiro adxunto dos populares na Deputacion, José María González Barcia, pon como exemplo que na Xunta de Goberno do pasado día 8 tramitouse un expediente de expropiación que se iniciara “nada menos” que o 15 de xuño de 2007 e que corresponde o ensanche e mellora da estrada Navia a Fonsagrada, do p.k. 0’000 ó p.k. 3’600.

Pero como éste hai, segundo González Barcia, “moitos casos”. Na primeira Xunta de Goberno deste mes de maio elevouse a definitivo un expediente de expropiación, aberto hai tres anos, referente ó acondicionamento da estrada Doiras-Degrada, nun tramo de 1.250 metros, e que pertence ó POS do ano 2005.

Na Xunta de Goberno do pasado día 15 de maio aconteceu o mesmo coa obra Cervantes-Doiras-Degrada, do p.k. 5’950 ó 8’950, cuxo expediente abriuse hai dous anos, concretamente o 4 de maio de 2007.

FACTURAS CON DISCONFORMIDADE.- Outra das “teimas” do Presidente da Deputación “convertidas en costume”, segundo salienta González Barcia, é a aprobación de facturas coas que o servicio de Intervención amosa a súa disconformidade. 

Así, as débedas aprobadas “con estas circunstancias” na Xunta do pasado 8 de maio ascenden a 108.341’68€ (correspondentes básicamente ós servizos de limpeza das dependencias provinciais ou doutras instalacións dependentes da Deputación) e as que recibiron o visto bon polo mesmo trámite na Xunta do 15 de maio e nalgunha do mes de marzo suman outros 91.258,71€, correspondente neste caso a limpeza do hospital San Rafael, “a pesares de que claramente se indica nos informes que non existe contrato para a prestación deste servicio e que se insta a que se formalice”.