Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR CRITICA O PAULATINO DESMANTELAMENTO Ó QUE ESTÁ A SER SOMETIDO O SERVICIO DE CORREOS NA PROVINCIA DE LUGO

Lugo, a 15 de maio de 2009.- Os deputados autonómicos por Lugo do Partido Popular, José Manuel Balseiro, Agustín Baamonde, Jaime Castiñeira, Jose Antonio García, María Isabel García, Daniel Varela , Dámaso López e Emma Alvarez, levarán ó Parlamento varias iniciativas encamiñadas a garantir e mellorar o servicio de Correos que actualmente se está a prestar na provincia. Unha reivindicación que se trasladará tamén ó Goberno do Estado a través dunha iniciativa na Cámara Alta, segundo explicaron hoxe o senador José Manuel Barreiro e o deputado José Manuel Balseiro.

Os representantes do Partido Popular explicaron que a decisión de interesarse por este asunto ven motivada polas queixas recibidas por usuarios deste servicio na zona rural de diferentes lugares da provincia, nomeadamente na propia capital e nas principais localidades da bisbarra da Mariña, concretamente Viveiro, Burela Ribadeo e Foz. 

Segundo explicaron os populares, a incorrecta prestación deste servicio que, segundo estipula a propia Lei Postal, fixa a obriga de realizar a recollida nos puntos habilitados para elo e unha entrega na dirección postal do usuario todos os días laborais ou, como mínimo, cinco días á semana, pode deberse os desaxustes do cadro de persoal que Correos ten na provincia. Entenden os populares que a plantilla actual non se axeita nin ás cargas de traballo existentes nin a factores tan determinantes como o crecemento demográfico.   

REDUCCIÓN DE PERSOAL.- Así, segundo recalcaron Barreiro e Balseiro, nos últimos tempos Correos está a deixar vacantes gran número de postos, fundamentalmente na zona rural, que non se compensan coa creación doutros naquelas zonas na que a carga de traballo aumentou. Unha situación que se ve agravada polo xa histórico problema da dispersión xeográfica dos núcleos de poboación e as dificultades loxísticas que esa situación conleva.  

Correos conta neste intre na provincia de Lugo con 840 traballadores que, segundo se indicon dende o PP e á vista das deficiencias detectadas, resultan insuficientes. Barreiro e Balseiro chamaron a atención, ademáis, sobre a perda de peso específico deste servicio na provincia coas progresivas reestructuracións do seu organigrama. De feito, suprimiuse a Xefatura provincial, así coma outros servicios como o de habilitación, intervención e contratos e incluso o departamento de recursos humanos, que foi trasladado a A Coruña.  

Así, os deputados populares lucenses ademais de interesarse ante a Xunta por esta situación coa formulación de varias preguntas sobre se os responsables do executivo galego son coñecedores das deficiencias que se están a producir e qué medidas teñen previsto tomar ante o Ministerio de Fomento, dado que é o que ten as competencias en materia de regulación postal, presentaron una proposición non de lei na que se propoñen os seguintes acordos:   

PRIMEIRO.- Dirixirse ó Ministerio de Fomento para que desenvolva as xestións oportunas que garantan a universalidade do servizo postal na provincia de Lugo e, de xeito especial, o cumprimento das obrigas legais de calidade e regularidade no servizo.

SEGUNDO.- Demandar da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos unha distribución máis equitativa das cargas de traballo dentro do seu cadro de persoal na provincia de Lugo, de tal xeito que se poñan fin ás deficiencias existentes na repartición postal da capital, dos concellos do rural e das principais poboacións da Mariña lucense.

TERCEIRO.- Demandar da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a elaboración dun novo baremo de cobertura na provincia de Lugo baseado no estudo real do percorrido e que teña en conta factores como a dispersión dos núcleos de poboación, as condicións orográficas e meteorolóxicas e o incremento poboación das distintas localidades lucenses, de tal xeito que se ofreza unha maior calidade no servizo e se garantan unhas mellores condicións laborais para as traballadoras e traballadores encargados dos distintos repartos.

Esta proposta, segundo anunciaron, será presentada próximamente en parecidos termos polos senadores populares de Lugo na Cámara Alta.