Lugo, a 26 de novembro de 2008.- O GPPP lembralle ó Presidente da Deputación de Lugo que facer fronte ó pago da débeda do canon enerxético non é unha cuestión de vontade política senón de cumprimento da legalidade.
A Deputación, de feito, está obrigada a satisfacer ese pago por sentencia xudicial firme. Os concellos afectados, suliñan os populares, non van a recibir un regalo da Administración provincial senón simplemente o que lle corresponde en función dos parámetros establecidos no seu día polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Asimesmo, o GPPP, ante as notables inexactitudes realizadas onte durante o pleno celebrado na Deputación por parte dos voceiros dos grupos de Goberno á hora de debatir a moción sobre o canon enerxético, puntualiza:
O pago do canon enerxético ós concellos afectados non podía acometerse ata que rematara o proceso xudicial aberto. Quere esto dicir que, ó contrario do que aseguraron, a demora á que fixeron referencia no pleno de onte non é tal.
Así, segundo aclaran os populares, ata o 16 de marzo de 2007, intre noa que a sala do Contencioso Administrativo do TSXG ordenou a execución da sentencia previamente dictada, ó considerarse esta firme tras a negativa do Tribunal Constitucional de admitir o recurso de amparo presentado pola Deputación, non era posible o establecemento de partidas nos orzamentos da administración provincial para facer fronte á débeda.
Non é certo tampouco que, a excepción do de Chantada, ningún dos concellos afectados polos embalses existentes na provincia non reclamaran o pago do canon.
Así, ademais do de Paradela, como xa expresamente o asegurou onte o seu alcalde e deputado provincial José Manuel Mato, tamén o fixeron, entre outros, o de Carballedo, Portomarín e Taboada. Neste último concello, dado que se fixo alusión directa ó seu mandatario Jesús Ramos, levouse a pleno unha moción sobre este asunto o 23 de febreiro de 2005 na que específicamente se cifraba en 1,5 millóns de pesestas, ó que habería que sumarlle os intereses, o que lle adeudaba a Deputación por este concepto.
Non é certo tampouco, como insistentemente se quixo facer creer por parte dos voceiros do equipo de goberno, que o GPPP só pedira na súa moción que o Presidente da Deputación convocara a unha reunión para fixar a temporalización do cumprimento da sentencia sobre o canon enerxético ós alcaldes do PP que hai un ano lle pediran audiencia para tratar esta cuestión (e ós que aínda non recibiu) senón a todos os rexidores afectados.
De calquera xeito, o GPPP considera inaceptable que o Presidente da Deputación dilate premeditadamente durante máis dun ano unha reunión solicitada explícitamente e de xeito reiterado por nove alcaldes da provincia. A súa actitude, ó entender dos populares, pon de manifesto o pouco respecto institucional do que fai alarde cos lexítimos representantes dos veciños deste nove concellos que, precisamente polo cargo que ostentan, teñen a obligación de defender os intereses dos seus municipios.
Suliñan tamén dende o GPPP que no caso específico de Chantada tampouco se avanzou demasiado. De feito, en algo máis dun ano, nin sequera aquí se estableceu o plan de actuacións que se van a acometer e a Deputación simplemente se limitou a compensar, a cargo do canon, a débeda que a administración local tiña contraida con ela.