Partido Popular de Lugo

O PP DE LUGO INTENSIFICARÁ A SÚA CAMPAÑA DE AFILIACIÓN

Lugo, a 27 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Lugo está  a desenvolver una intensa campaña de afiliación, enmarcada dentro do propio proceso de renovación promovido dende a dirección provincial, que ten como obxectivo principal ampliar a base social da formación, que se sitúa neste intre por riba das 12.000 persoas, poñendo especial énfase nalgúns sectores poboacionais como poden ser os xóvenes e as mulleres.

A dirección provincial, consciente de que contar cunha base de afiliación sólida, amplia, diversificada e, por riba de todo, activa, é determinante á hora de asegurar o crecemento e o futuro da partido político, está a apostar de xeito decidido por implicar ós afiliados e simpatizantes na toma de decisións á hora de establecer as liñas estratéxicas a seguir. Esta filosofía é compartida polos presidentes das agrupacións locais que se fixan precisamente coma uns dos seus principais obxectivos a consolidación, a ampliación e a movilización das súas bases.

Neste contexto enmárcanse, por exemplo, o amplo calendario de reunións que se está a celebrar nos distintos concellos da provincia coas agrupacións locais, na que tamén participan afiliados e  simpatizantes, e que constitúen un activo foro de debate e análise tanto dende o punto de vista interno como externo.

A campaña de afiliación que ten en marcha o PP de Lugo verase agora reforzada pola que está a desenvolver o partido a nivel nacional baixo o lema “Súmate a la solución”. Esta iniciativa, que se marca como obxectivo sumar 25.000 novos afiliados en todo o país nun ano, aporta a novidade de que realizarse de xeito exclusivo a través de Internet e chegará máis de 15 millóns de personas.