Partido Popular de Lugo

O PPdeG CONSIDERA UN SINSENTIDO QUE A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN TEÑA QUE VIAXAR A BUENOS AIRES PARA RENIRSE CO SECRETARIO XERAL DE RELACIÓNS EXTERIORES

Santiago, 16 de novembro de 2008.- A falta de contido da viaxe que a conselleira de Educación está a efectuar á Arxentina obrigou ao seu equipo a organizar actos de recheo cos que poder completar un programa se semella máis apropiado dun turista que pretende disfrutar do seu tempo de ocio, que dun integrante do Executivo autonómicio cuio desprazamento é sufragado con cartos de todos os galegos.

Neste sentido, o PPdeG considera un sinsentido que a conselleira teña que viaxar a Buenos Aires para celebrar unha xuntanza co secretario xeral de Relación Exteriores da Xunta, co que ben se podería reunir en Santiago, aforrando miles de euros pagados cos impostos de todos os galegos. O programa oficial da visita da conselleira a Buenos Aires contempla esa reunión para mañá luns, como se pode comprobar na copia que se axunta.

TURISMO INSTITUCIONAL PAGADO POLOS GALEGOS.- A voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, estima que os cinco días de turismo institucional de Laura Sánchez Piñón por terras arxentinas deben ser explicados na Cámara autonómica, na medida en que os cidadáns galegos merecen coñecer en qué se gastan os seus impostos, unha demanda que cobra especial relevancia nun momento de intensa crise económica.

Par iso, o Grupo Popular reclamará unha relación do número de persoas que integraron a comitiva que acompañou á conselleira á República Arxentina, así como un informe detallado das diferentes actividades desenvolvidas e os resultados agardados deste periplo. Solicitará tamén o PPdeG copia dos billetes de avión e de todas as facturas aboadas pola Xunta de Galicia como consecuencia desa viaxe.

Sorprende, paralelamente que, coa desculpa dunha viaxe que oficialmente non comezou ata a noite do xoves, a conselleira de negase a responder no pleno do Parlamento da pasada semana unha pregunta do PPdeG sobre as razóns de que aínda non se teña aprobado o decreto que regula o plan de estudos da educación infantil en Galicia, que non puido superar o trámite do Consello da Xunta pola forte oposición do BNG a esa norma. Sen embargo, a conselleira non tivo reparo en argumentar unha dificultades de axenda para evitar responder a un asunto no que, unha vez máis, o PSOE e é refén do BNG.