Partido Popular de Lugo

TOBÍAS MARTÍNEZ FOI ELEXIDO HOXE PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN LOCAL DE A FONSAGRADA

A Fonsagrada, 15 de novembro de 2008.A candidatura que encabezaba Tobías Martínez, a única que concurría a facerse cargo da agrupación local do Partido Popular de A Fonsagrada, foi refrendada hoxe na asamblea xeral convocata para tal fin. 

Manter unido ó partido e traballar todos coma nunha piña para acadar uns bos resultados nas vindeiras eleccións autonómicas é un dos principias obxectivos que se marca a nova executiva, segundo explicou o seu presidente.

Martínez tamén adiantou que na primeira reunión que manteña a nova xunta local nombrarán un representante para cada unha das 29 parroquias que conforman o concello e que terán como principal cometido servir de interlocutores entre os veciños e a propia executiva para recoller as demandas e propostas que queiran facer, así como para trasladarlle pormenorizada información ós veciños sobre temas que podan afectarlles directamente como subvencións, decretos, obras ou calquer cuestión que sexa susceptible do seu interese.

O nombramento destes representantes complementarase coa celebración de reunións periódicas cos veciños de cada parroquia na que os integrantes da nova xunta local darán a coñecer a posición do Partido Popular nos diversos asuntos da vida municipal que resulten trascendentes para o futuro do concello, ó tempo que  coñecerán de primeira man a opinión dos propios afectados sobre eles.

Segundo salientou Tobías Martínez hai cuestións pendentes que son trascendentais para o municipio, como pode ser o caso do PXOU, a posible ampliación da Rede Natura ou a posta en marcha dun parque natural, a colocación de tendidos eléctricos ou o abando do que están a ser obxecto as terras de labranza, entre outros.

“Imos traballar para que a montaña teñan voz e sobre todo futuro”, asegurou Martínez. Un cometido para o que pediu a colaboración de todos os afiliados do partido.

O olvido do que ano tras ano é obxecto a montaña e moi especialmente A Fonsagrada nos orzamentos da Xunta e do Estado tamén foi outro dos aspectos os que fixo referencia o novo presidente no seu discurso. Claro exemplo desta situación é por exemplo a construcción do novo cuartel da Garda Civil para o que nos presupostos do Estado do pasado ano había consignado algo máis dun millón de euros que non se invertiron e que desaparece das contas previstas para o vindeiro; ou incluso a residencia da terceira idade prometida polo bigoberno da Xunta que, ano tras ano, non aparece incluida nos orzamentos, a famosa T de A Fonsagrada que se dilata no tempo, así como a construcción da  presa do Muradal ou o polígono industrial.

Pola súa banda, o Presidente provincial do PP, José Manuel Bareiro, animou a nova xunta local e a todos os afiliados deste concello a traballar con ánimo e a poñer o seu importante gran de area para que o novo presidente da Xunta sexa Núñez Feijoo. 

A executiva que encabeza Tobías Martínez, na que segundo el mesmo indicou combinase a renovación coa experiencia dos militantes máis veteranos, está integrada por Antonio Rodil, Iria Fernández, Sergio López, Florentino López, Jorge López, María Elsa Fernández, José Penedo, Luis Pasarín, José Manuel Pérez e Amador Rego.