Partido Popular de Lugo

O GPPP INTERÉSASE POLAS OBRAS DE MELLORA NO HOSPITAL SAN RAFAEL

Lugo, a 11 de novembro de 2008.- O GPPP considera que a Deputación provincial debe aclarar ó futuro dos hospitais San José e San Rafael ante a prevista transferencia ó Servicio Galego de Saúde para tranquilidade dos traballadores e pacientes afectados.

Os populares lamentan que, como acontece noutros casos, os responsables da administración provincial non den as debidas explicacións sobre o proceso que se está a levar a cabo e pregúntanse se un dos acordos acadados nesta negociación será, por exemplo, o peche do San Rafael.

Para o GPPP segue a ser unha incógnita qué se vai facer cos dous edificios, se finalmente se descarta a súa continuidade como centros hospitalarios. Tamén consideran necesario que os responsables da Deputación expliquen qué grado de execución teñen as obras de mellora que estaba previsto acomenter no San Rafael e para o que se consignaran nos orzamentos do presente exercicio 165.000 euros.